Skip to Content

Educación física

Surf en Bastiagueiro con 2º da ESO

O día 27 de maio o alumnado de 2º ESO realizou unha saída á praia de Bastiagueiro. Esta actividade, realizada polo Departamento de EF, está integrada dentro das propostas do Plan Proxecta + e ten como obxectivo dar ao alumnado a oportunidade de practicar novos deportes como o "Surf".

 

Surf en Bastiagueiro con 1º da ESO

O alumnado de 1º da ESO dentro das actividades do Plan Proxecta + no programa de PVAD realizou unha saída á praia de Bastiagueiro o mércores 22 de maio. A actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda. Para o alumnado que desexe ver algunha imaxe máis da saída, pode contemplalas no curso da Aula Virtual "Actividades curso 2023 2o24".

 

 

 

Vídeo sobre primeiros auxilios

Vídeo sobre primeiros auxilios feito polo alumnado de 4º da ESO, dentro das actividades do Plan Proxecta +.

Carreira contra a leucemia infantil Unoentrecienmil

Finalmente, o 31 de outubro celebramos a nosa carreira "Unoentrecienmil" para traballarmos a concienciación do alumnado e a solidariedade cos que padecen enfermidades tan graves como a leucemia infantil. Todo o alumnado participou con interese e motivación.

Cambios na carreira contra a leucemia infantil

Debido ás previsións meteorolóxicas, a carreira contra a leucemia infantil transcorrerá no propio recinto educativo a última sesión do venres 20. Se as condicións fosen moi adversas, adiaríase a outra data.

O IES de Carral súmase á loita contra a leucemia infantil

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, coordinado polo Departamento de E. Física, o IES de Carral participa este venres (se a climatoloxía o permite) na carreira contra a leucemia infantil organizada pola Fundación Unoentrecienmil. A marcha rodeará o Campo da Feira o venres 20 arredor das 13:00 horas. Contamos para a organización coa axuda do Concello de Carral. Animámosvos a sumarvos a esta solidaria e necesaria iniciativa. 

 

 

Se queres ver o tráiler ao completo preme na seguinte ligazón: "Punto y final"

No IES de Carral facemos surf

Parabéns ao equipo infantil masculino de Campo a través do IES de Carral

 

O 14 de xaneiro de 2023 o alumnado clasificado na primeira fase de Campo a través acudiu de novo ao parque deportivo de Acea de Ama (Culleredo) para participar na fase intercomarcal. O equipo infantil masculino clasificouse para o campionato provincial que terá lugar o 17 de marzo na zona de Ferrol. Mirade a ilusión que mostran xunto ás copas que trouxeron ao centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut