Skip to Content

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS TITORES DO PROGRAMA TEI

O 16 de febreiro fixose no salón de plenos do Concello de Carral unha emotiva entrega de diplomas ao alumnado participante  no programa  TEI sobre proteccion do acoso escolar no IES de Carral. Estivo presente o alcalde Jose Luis Fernandez Mouriño, Florinda Duarte, concelleira de Educación e Benestar, e o inspector de educacion Carlos Varela Vázquez.

 

ENTROIDO 2017/2018

Este centro permanecerá pechado os días 12 e 14 de febreiro. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono 638883216 en horario de 10:00 a 12:00 horas. Lembren que o día 13 é festivo.

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO QUE DESEXE CURSAR BACHARELATO NO IES DAVID BUJÁN O CURSO 2018/2019

O próximo día 1 de febreiro ábrese o prazo para realizar a reserva de praza no bacharelato para aqueles alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de Cambre.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1  ao 15 de febreiro

DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A

RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO PARA O CURSO 2017/2018

Comunicámoslles que poderán recoller os libros de texto incluídos no Fondo solidario nas seguintes datas:

1º e 3º de ESO: 29 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas.

2º e 4º de ESO: 2 de outubro, de 9:00 a 14:00 horas.

Os libros só serán entregados ao/á pai/nai/titor do/a alumno/a ou a terceiras persoas debidamente autorizadas.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O CURSO 2017/2018

Nos arquivos que se achegan poden consultar as listaxes definitivas de préstamo de libros de texto para o curso 2017/2018.

Agradecemos nos comuniquen as renuncias e doazóns de libros o antes posible.

Calquera incidencia relacionada co tema poden comunicala na Administración do centro.

Avisaremos ás familias cando poidan pasar polo centro a recoller os lotes de libros.

AVISO IMPORTANTE: SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR O DÍA 15 DE SETEMBRO

Comunicamos que o venres 15 de setembro, día de presentación do curso 2017/2018, os buses escolares sairán deste centro para a viaxe de volta sobre as 14:00 horas.

INICIO DO CURSO 2017/2018

O día 15 de setembro comezará o curso 2017/2018 cunha presentación ás 12:00h.

O inicio do servizo do transporte escolar comezará ás 11:15h.

A presentación rematará ás 13:00h, hora á que sairán os autobuses do centro.

O luns, 18 de setembro, comezarán as clases con total normalidade no horario habitual.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2016/2017

ORDE do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.

Prazo: ata o 7 de xullo

MATRÍCULA 2017/2018

Achégase a documentación relativa ao procedemento de matrícula para o curso 2017/2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut