Skip to Content

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO QUE DESEXE CURSAR BACHARELATO NO IES DAVID BUJÁN O CURSO 2018/2019

O próximo día 1 de febreiro ábrese o prazo para realizar a reserva de praza no bacharelato para aqueles alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de Cambre.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1  ao 15 de febreiro

DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: na secretaría do IES de Carral ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude pode cubrirse manualmente e presentala na  secretaría do IES de Carral ou  a través da Sede Electrónica  co seguinte procedemento:

 1. Entrar na dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 2. Cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Reserva de praza - Crear solicitude. Feito iso poden optar por:

 

               a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría do IES de Carral, ou

               b) Se dipoñen de certificado dixital presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación

 

Tamén pode cubrirse o modelo ED550A manualmente e presentalo na secretaría do instituto.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: 28 de febreiro no taboleiro do IES de Carral 

De ser admitido  na reserva de prazas farase a matrícula nas datas que corresponda.

Cando o número de solicitudes supere ao de prazas, non haberá reserva e terase que presentar solicitude de admisión no periodo xeral do 1 ao 20 de marzo

AnexoTamaño
IMPRESO RESERVA.pdf636.55 KB


book | by Dr. Radut