Skip to Content

ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA EN 1º ESO PARA O CURSO 2017/2018

No arquivo que se xunta poden consultar a listaxe de alumnado que ten praza reservada para cursar 1º de ESO neste centro durante o curso 2017/2018. Lembren que o prazo de matrícula será entre o 25 de xuño e o 10 de xullo de 2017.

RESERVA DE PRAZA NO IES DAVID BUJÁN PARA O CURSO 2017/2018

 Como centro adscrito ao IES David Buján (Cambre), comunicámoslle que poden solicitar a reserva de praza nese centro para cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2017/2018.

I CARREIRA BENÉFICA DO IES DE CARRAL


GRAZAS A TODOS

(Organizada polo Instituto de Educación Secundaria de Carral e o Concello de Carral)

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO 2016

O Concello e o IES de Carral con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia de xénero co alumnado de 2º da ESO, realizou unha marcha dende o centro ata o Concello. Crearon haikus (poemas breves que plasman a traxedia de xeito profundo) contra a violencia de xénero e a saída do centro foi as 13.15 e volta ás 14.00 do campo da feira.

CANDIDATURAS PARA AS ELECCIÓNS DA PRIMEIRA RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

No arquivo que se xunta poden consultar as candidaturas presentadas para as eleccións que se celebrarán o 28 de novembro relativas á primeira renovación parcial do Consello Escolar deste centro. Todo o alumnado do centro e os correspondentes pais/nais/titores legais poderán votar ese día no seguinte horario:

- Alumnado de 1º e 2º: durante o primeiro recreo.

- Alumnado de 3º e 4º: durante o segundo recreo.

- Pais/nais/titores legais: de 16:00 a 20:00 horas.

 

 

TÍTULOS DE ESO DO CURSO 2013/2014

O alumnado que rematou a ESO no curso 2013/2014 pode recoller o título correspondente na administración do centro.

CONCESIÓN CAFETERÍA CURSO 2016/2017

Seguindo a INSTRUCIÓN 4/2016, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Carral coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Carral recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2015-2016". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: venres 3 de xuño

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o luns 6 de xuño ata o venres 17 de xuño

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 1 de xullo

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 1 de setembro

 

AVISO:

A concesión da cafetaría do centro adxudícaselle ao único candidato que se presentou ao concurso.

Carral, 1 de xullo de 2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016/2017

No ficheiro adxunto poden consultar a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2016/2017.

Distribuir contido


by Dr. Radut