Skip to Content

CURSO "ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS"

Desde a Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso "Atención a urxencias sanitarias para familias" con dous obxectivos básicos:

- Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo  da Consellería.

- Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa.

Para iso, e coa colaboración do 061, trataranse os seguintes contidos:

- Primeiro auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.

- Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.

As datas concretas serán 26-27-28 de novembro, en tres sesións de tres horadas cada unha (de 17:30 a 20:30). O lugar de celebración será nas instalacións do CFR de A Coruña.

As persoas que estén interesadas deben enviar un correo no que indiquen o seu nome e apelidos e datos de contacto (teléfono, correo electrónico) así como o nome do centro a cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes do 19 de novembro. A inscrición no curso será por orde de chegada ata cubrir o número de prazas (30).



book | by Dr. Radut