Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO.

Estimadas familias:

Como sabedes os días 2 e 3 de setembro terán lugar as probas extraordinarias. Para o correcto desenvolvemento das mesmas achegamos a seguinte información, a cal será de obrigado cumprimento:

- As probas realizaranse nas aulas 003, 004 e 005. O profesorado encargarase de distribuir ao alumnado na aula correspondente.

VACACIÓNS DE VERÁN

Este centro permanecerá pechado dende o 24 de xullo ata o 27 de agosto, ámbolos dous incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono do centro en horario de 11:00 a 13:00 horas.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUIDO NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020.

Nos arquivos que se achegan poden consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/2020.

IMPORTANTE: Os pais/nais/titores daquel alumnado que devolvera todos os libros, presentara a matrícula no centro e teña asignados como mínimo 6 libros poden recoller na Administración do IES o vale para a compra de material.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA (PROBAS EN SETEMBRO), ENTREGA DE BOLETÍNS, DATAS DE RECLAMACIÓN E DE MATRÍCULA

Podedes consultar a distribución das probas de setembro no arquivo que se achega.

HORARIO DE VERÁN

Estimadas familias:

O horario de atención ao público durante o mes de xullo será de 10:00 a 13:00 horas.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/2020.

Nos arquivos que se achegan poden atopar a información e os impresos de matrícula neste centro para o curso 2019/2020.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE PRÉSTAMO DO CURSO 2018/2019.

 Lembrámoslle que deberán devolver os libros recibidos a través do Fondo Solidario os días 27 e 28 de xuño (o alumnado con exames pendentes en setembro poderá conservar os libros correspondentes ata o 6 dese mes.

O AMOR, TEMA PROTAGONISTA DA ÚLTIMA EXPOSICIÓN ARTÍSTICA COMO PARTE DO PROGRAMA TEI NO CURSO 2018/2019

O amor converteuse no gran protagonista da última exposición realizada polo alumnado do IES de Carral como parte do programa TEI.

Noraboa a todo o noso alumnado e ao profesoradodos diferentes departamentos implicados dirixidos pola coordinadora do programa, Helena Vilá.

 

 

DATA DE ENTREGA DOS BOLETÍNS DE NOTAS DE XUÑO 2019.

- OS BOLETÍNS DE NOTAS DA 3ª AVALIACIÓN ENTREGARANSE O DÍA 26 DE XUÑO ÁS 10:00 HORAS. OS BUSES PASARÁN POLA PRIMEIRA PARADA DA LIÑAS ÁS 9:30 HORAS. O SERVIZO DE TRANSPORTE SAIRÁ DO CENTRO PARA LEVAR DE VOLTA AO ALUMNADO ÁS 10:30 HORAS.

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE E.S.O. 2018/2019.

No DOG de hoxe, 29 de maio, publícase a convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019. O prazo de presentación de solicitudes será do 6 de xuño ao 5 de xullo.

Achegamos un arquivo coa disposición do DOG.

Distribuir contido


by Dr. Radut