Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO.

Estimadas familias:

Como sabedes os días 2 e 3 de setembro terán lugar as probas extraordinarias. Para o correcto desenvolvemento das mesmas achegamos a seguinte información, a cal será de obrigado cumprimento:

- As probas realizaranse nas aulas 003, 004 e 005. O profesorado encargarase de distribuir ao alumnado na aula correspondente.

- O alumnado non poderá acceder ao andar superior e só poderá ir aos aseos situados o máis preto das aulas ao remate da proba.

- O acceso ao centro eses días será exclusivamente pola entrada de Rúa do Souto (lembren que non haberá servizo de transporte escolar).

- Unha vez rematada a proba o alumnado deberá abandonar o centro pola mesma porta, salvo aqueles que teñan outra proba a continuación. Estes poderán permanecer no patio exterior ata o comezo da dita proba.

- Queda absolutamente prohibido acceder ao recinto escolar co teléfono móbil aceso.

- O alumnado que non cumpra estas instrucións non poderá permanecer no recinto escolar.



book | by Dr. Radut