Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO NO CURSO 2019/2020

No arquivo que se achega poden consultar a convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico no curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de agosto.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Segundo consta na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro (horario de 10:00 a 13:00 h.)

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021 (ALUMNADO NON PROCEDENTE DE CENTRO ADSCRITO).

Poden consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2020/2021 no taboleiro do centro. Trátase do alumnado procedente de centros non adscritos que solicitou praza no mes de marzo. Non hai ningunha variación con respecto ás listaxes provisionais.

DATAS DE FIN DE CURSO E CUALIFICACIÓNS

24 de xuño: publicación de cualificacións:

“20engalego”

É unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Carral que comeza agora que se achega o Día das Letras Galegas (que para nós son todos).

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS E NOVOS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS 2019/2020

Ante a situación do COVID-19, os departamentos didácticos adaptaron a súas programacións e criterios de cualificación que poden ser consultados nesta mesma páxina na columna da dereita nos respectivos departamentos.

3º TRIMESTRE

Aquí podes consultar as Orientacións provisionais, publicadas pola Consellería, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Distribuir contido


by Dr. Radut