Skip to Content

CONCESIÓN CAFETERÍA CURSO 2016/2017

Seguindo a INSTRUCIÓN 4/2016, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Carral coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Carral recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2015-2016". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: venres 3 de xuño

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o luns 6 de xuño ata o venres 17 de xuño

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 1 de xullo

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 1 de setembro

 

AVISO:

A concesión da cafetaría do centro adxudícaselle ao único candidato que se presentou ao concurso.

Carral, 1 de xullo de 2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016/2017

No ficheiro adxunto poden consultar a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2016/2017.

GAÑADORA E PARTICIPANTES DO CONCURSO DE RELATO CURTO "NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO"

O día 25 de novembro celebramos no I.E.S de Carral o dìa contra a violencia de xénero. Como? Pois dende a biblioteca lanzamos un concurso de relato curto " Non máis violencia de xénero" en colaboración con Concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral. Foron moitos os participantes! Un total de 11!

Podedes ver a continuación os títulos dos relatos xunto coas súas autoras e autores:

EXPOSICIÓN ITINERANTE "Con A de Astrónomas"

Desde a biblioteca e o Departamento de matemáticas, vaise organizar unha exposición itinerante denominada "Con A de Astrónomas", para conmemorar o mes da ciencia e divulgar o descoñecido papel das mulleres e as súas constribucións a este mundo.

25 DE NOVEMBRO: NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Dende o noso centro e coa colaboración da concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral, imos celebrar as seguintes actividades. Deste xeito, contribuiremos á construcción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.

BOLSAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA PARA ESTUDANTES 4º ESO

A Fundación convoca 500 bolsas para estudantes de 4º de ESO de centros españoles (80 para centros de Galicia) para estudar primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
Os

Distribuir contido


by Dr. Radut