Skip to Content

Exames de pendentes

FELICES FESTAS

A dirección do IES de Carral desexa felicitarvos unhas boas festas de Nadal e un merecido descanso para todos os docentes, persoal non docente, alumnado e familias que conforman toda a nosa comunidade educativa.

Os gañadores do concurso do 25N reciben o seu agasallo convidados polo Concello de Carral

O alumnado de 2ºB e 4ºB foi convidado polo Concello de Carral a un xantar como gañadores do concurso de curtas e decoración de portas por mor do 25N (Día da violencia de xénero). 

 

Noraboa aos gañadores e o profesorado que coloborou con eles

 

.

Ponencia de Carmen Ruíz Repullo

A historia de Pepe e Pepa reflexa as relación afectivas entre adolescentes. Carmen Ruíz é unha socióloga que utiliza este conto para mostrar as relacións afectivas que se están a manifestar entre adolescentes. Podedes velo aquí

Folga de profesorado (12 de decembro de 2019)

IMPORTANTE: O alumnado deberá asistir ao centro e as probas de avaliación se realizarán sen alteración algunha. En caso de que o alumnado non asista ao centro, deberá xustificar documentalmente a súa falta de asistencia para que a proba sexa posposta.

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE, UGT, STEG e CSI-F comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no BOE do 4 de maio, e polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección. Nos centros de menos de 6 unidades o director poderá ser substituído por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros

 DOG ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.

Concurso de decoración de portas 25N

    

1º A

      

1º B                                                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut