Skip to Content

Activación do calendario das activades complementarias

A partir de agora poderase consultar no calendario da páxina as actividas complementarias organizadas polo centro.

Retransmisión na CRTVG da conmemoración dos “Mártires de Carral”

No programa, "Anacos de vida",  descubrirides por que o pan de Carral é único no mundo, ao tempo que coñeceredes as fermosas historias de vida que hai arredor dos panadeiros.

Participaredes nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e os seus alumnos nos preparativos desta festa que ben merece unha foto para a lembranza. E, por suposto, estaredes atentos á investigación que os máis cativos de Carral van desenvolver para descubrir a foto misteriosa, posiblemente a máis antiga que se fixo nestas terras.

Acto de entrega de Diplomas de Nomeamento de titores/as TEI.


O pasado luns, 4 de novembro, dentro das actividades do programa TEI 

HISTORIAIS ACADÉMICOS DE ESO. CURSO 2018/2019

O alumnado que rematou a ESO no curso 2018/2019 pode recoller o historial académico correspondente na Administración do centro.

ALUMNADO SELECCIONADO PARA O INTERCAMBIO CON FRANCIA (2019/2020)

O departamento de francés publicou hoxe, 4 de outubro, a listaxe de alumnado participante no intercambio escolar con Francia  e que atoparán pendurado no taboleiro da entrada do centro.

 Os criterios de selección foron os seguintes:

0. Rendemento académico e boa conduta.

1. Número de prazas.

INICIO DO CURSO 2019/2020.

O luns 16 de setembro comezará o curso 2019/2020 cunha presentación ás 12:00 h. Os buses escolares pasarán pola primeira parada das rutas ás 11:30h. 

A presentación rematará ás 13:00, hora á que sairán os autobuses do centro. O martes, 17 de setembro, comezarán as clases con total normalidade no horario habitual.

PREMIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL 2018/2019.

 

Estimadas familias:

O día 20 de setembro remata o prazo para presentar as solicitudes para os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso  2018/19.

 

Achegamos a convocatoria dos ditos premios.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO.

Estimadas familias:

Como sabedes os días 2 e 3 de setembro terán lugar as probas extraordinarias. Para o correcto desenvolvemento das mesmas achegamos a seguinte información, a cal será de obrigado cumprimento:

- As probas realizaranse nas aulas 003, 004 e 005. O profesorado encargarase de distribuir ao alumnado na aula correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut