No programa, "Anacos de vida", descubrirides por que o pan de Carral é único no mundo, ao tempo que coñeceredes as fermosas historias de vida que hai arredor dos panadeiros.
Participaredes nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e os seus alumnos nos preparativos desta festa que ben merece unha foto para a lembranza. E, por suposto, estaredes atentos á investigación que os máis cativos de Carral van desenvolver para descubrir a foto misteriosa, posiblemente a máis antiga que se fixo nestas terras.
Pódese visionar o avance nesta ligazón: aquí.