Skip to Content

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO

Lembramos que nas instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/2018, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, a Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa establece:

Artigo 12: Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria teña avaliación positiva en todas as materias e teña acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes obterá o título de graduado en ESO.

2. Así mesmo, obterá o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

A Comisión Pedagóxica do IES de Carral e informado o claustro aprobou avaliar as competencias básicas que estable o decreto 86/2015, do seguinte xeito:

Comunicación lingüística (CCL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía(CMCCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
 
Cada materia ten asignada unha porcentaxe calculada en relación coa carga lectiva correspondente para cada competencia. A calificación de cada competencia do/da alumno/a é o resultado da suma ponderada  da nota de cada unha das materias que cursa nese ano escolar. (Ver arquivo) Sendo as calificacións de: insuficiente (IN), para as calificacións negativas, e suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) ou sobresaínte (SB) para as calificacións positivas.
 

 

AnexoTamaño
porcentaxes_competencias.pdf156.53 KB


book | by Dr. Radut