Skip to Content

O ALUMNADO DO IES DE CARRAL BAIXO O ALCUME “OS TOXOS” GAÑA O CONCURSO DE MANIFESTO DO CORRELINGUA 2019

 

“TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA” é o título do manifesto co que as mozas e mozos de 3º e 4º da ESO do IES de Carral gañaron o concurso de manifesto do Correlingua 2019.

As rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO do IES de Carral gañaron o concurso de elaboración do manifesto para o Correlingua 2019 cun texto que integra os elementos da táboa periódica coas reivindicacións en favor do uso do noso idioma por todas as persoas e en todos os contextos. O xurado escolleu como gañador este texto ao considerar que desenvolve tanto na forma coma no contido a esencia do lema do Correlingua 2019, o galego é a fórmula, referido á necesidade de que o galego teña presenza en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico.

As autoras e autores do manifesto gozarán como premio dunha estadía de dous días no albergue de Alvarella Ecoturismo, en Doroña (A Coruña) con varias actividades, entre elas un roteiro polas fragas do Eume e tamén unha visita ao Museo Etnolóxico da Capela. Este premio será compartido co grupo que gañe o concurso de vídeo do Correlingua.

Alumnado participante:
 
4ºA:
Álvarez Pérez, Nerea
Botana Castiñeiras, Alba
Fernández Costa, Iván
Gende Quintela, Lucía
Gómez Orgeira, Laura
Longueira Amor, Mateo
López Faña, Shariana Altagracia
Manteiga Camba, Nicolás
Moledo Tubío, Yoel
Mosquera Novoa, Iván
Rodríguez Sánchez, Anxo
 
3ºB
Vázquez Avalos, Marian Daniela
 
3ºC
De León Almonte, Andersson Gabriel
 

Moitos parabéns ás mozas e mozos de 3º e 4º do IES de Carral e moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou no concurso.

A continuación reproducimos o manifesto que se enviará a todos os centros do país co cartaz da edición e co que comezarán todas as festas finais do Correlingua 2019:

“TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA”

MANIFESTO CORRELINGUA 2019 “TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA”

Hai 150 anos o ruso Mendeleiev presentou unha táboa periódica que se converteu no corazón da Química. As galegas e os galegos somos os elementos da nosa táboa periódica, a nosa lingua. Os símbolos químicos e o noso idioma xuntos:

Reacción Química - Reacción Lingüística:

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

  *O GALEGO É A FÓRMULA*! - *A FÓRMULA É O GALEGO*! Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite: *O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO* REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN...

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS! O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO! TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

AGora é o momento!

ALimenta a túa lingua!

ANtes falárona outros!

APostamos polo futuro!

AVanzamos...

Acollemos tamén aos de fóra AY, BW, JK, JU, K, WK, WO, WT, YZ Bioloxía en galego, berra!

BuscA a súa alma BaiLa coa lingua Cántao

non a CAmbies por nada

CoNtáxiate do galego

COlabora con nós

CRea en galego

CaStelao, Rosalía, somos unha lingua viva Coida o Teu legado

Cóidaa, Valóraa, quérea, úsaa. Física en galego festexa Fálaa, Escóllea

FLirtea con ela

o FogaR de Breogán

un FUturo en galego

GÁrdaa coma se fose ouro

aGaRimos con forma de palabras paLAbras doces

podes LeVala contigo a calquera lugar

 

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

  *O GALEGO É A FÓRMULA*! - *A FÓRMULA É O GALEGO*! Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite: *O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO* REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN...

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS! O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO! TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

MAiores e nenas falando en galego non a MEnospreces

lingua MaGnética

Moitas Horas gozándoo

MáIs conciencia da situación Música eN galego

Máis soRrisos

as MaTes en galego

Non Deixes que o degraden

que NinGuén che diga que non serve para nada NOn o deixes de falar

NUnca esquezas de onde es

PouCo a PouCo reacción

PEnsa no futuro da lingua

non só do RUral

SaBemos como aproveitalo.

SoMos galegas

SeN perda de tempo

SorRí por iso

SínteTe orgulloso

Transmite o que pensas

TEcnoloxía en galego

ValoRa o que tes

 en Zocos, en Zocas, en tenis ou con botas

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite: *O GALEGO É A FÓRMULA*! - *A FÓRMULA É O GALEGO*! Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite: *O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO* REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN...

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS! O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO! TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

 

Os Toxos (alumnado de 4º da ESO do IES de Carral)

 

 

 

 

 

 



book | by Dr. Radut