Skip to Content

CONCESIÓN CAFETERÍA CURSO 2017/2018

Seguindo a INSTRUCIÓN 7/2017, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Carral coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Carral recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2017-2018". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: venres 16 de xuño

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o luns 19 de xuño ata o venres 30 de xuño

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: mércores 5 de xullo

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 1 de setembro

 

No documento adxunto, publicado o día 6 de xullo, poden comprobar a valoración das diferentes ofertas presentadas. O centro porase en contacto coa oferta mellor valorada para proceder á adxudicación do servizo de cafetería.

AnexoTamaño
Valoración_ofertas.pdf41.04 KB


book | by Dr. Radut