Skip to Content

EDUCANDO EN VALORES

O programa Educando en valores, financiado pola concellería de Educación e Benestar de Carral, leva cinco anos desenvolvéndose nos niveis de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos de Carral.
Dende o seu inicio, o programa foi mudando as súas bases teóricas e metodolóxicas e dende hai xa dúas edicións as liñas de traballo foron fundamentadas sobre a Educación Emocional e o traballo sobre as Fortalezas Persoais (valores). Por outro lado, utilizouse unha metodoloxía eminentemente experiencial e integral, que tiña en conta os tres planos: traballo sobre o corpo, as emocións e a mente; sempre dentro dun enfoque de grupo e de convivencia e dende unha perspectiva de xénero.
Por este motivo continuarase este ano na mesma liña, ampliando incluso a presencia neste nivel. Do mesmo xeito, primarase como ata agora a educación emocional e en valores a través do establecemento durante as sesións dun modelo de relación de “Bo trato” e da creación de espazos e tempos para a expresión e acollida de sentimentos, o compartir e a proximidade coas outras persoas, o traballo co corpo, o contacto co silencio e a mirada cara o noso interior.
A todo isto engadirase o establecemento tamén de espazos e tempos para o traballo co profesorado e coas familias, co fin de crear unha liña común de convivencia nas aulas na que a educación emocional forme parte do día a día das clases independentemente da materia ou do ámbito onde estean rapaces/as.

 

AnexoTamaño
proposta educando en valores carral 2018-centros.pdf474.55 KB


book | by Dr. Radut