Skip to Content

ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DE AGRADECEMENTO AOS TITORES E COLABORADORES DO PROGRAMA TEI

Onte, 20 de xuño de 2018, tivo lugar a entrega de diplomas de recoñecemento ao alumnado participante no programa TEI. O acto tivo lugar na área recreativa de As Travesas ás 13:00 horas logo de realizar un tramo do camiño de Santiago (Cruz de Beira-As Travesas) acompañados por protección civil do concello de Carral e pola concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Doña Florinda Duarte Gerpe. O Excmo. Sr. José Luís Fernández Mouriño e a asesora do CFR da Coruña, Dona Marta Dopico Vázquez fixeron entrega dos diplomas ao noso alumnado.

Dende o IES de Carral desexamos amosar o noso agradecemento ao Concello de Carral, o CFR da Coruña, e a todos aqueles que fixeron posible a posta en marcha deste programa, profesorado do centro, alumnado e as familias que confiaron desde o primeiro momento no programa.

 



book | by Dr. Radut