Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

ILUSTRA XELA

Xa podedes participar no "Ilustra a Xela", o novo concurso organizado polo EDLG do IES A Sangriña. Fai a túa ilustración de Xela Arias e acompáñaa cun(s) verso(s) da poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Dúas categorías, ESO e BACH + FPB, con dous premios por categoría.

Prazo: todo o mes de maio de 2021 Viva Xela Arias! Vivan as nosas Letras!

ESCOITA RADIOTREGA!

Novos programas de RadioTrega!

1º Episodio de "As Pedras que Falan", o programa sobre a cultura antiga galaica de RadioTrega, realizado polo alumnado de 3º ESO A do IES A Sangriña: ligazón.

1º episodio de "Canta O Trega", o programa sobre os cantos de tradición oral en RadioTrega (alumnado de 3ESO): ligazón.

1º episodio de "Monótono Fungar", o programa de música galega en RadioTrega (alumnado de 3ESO C+D): ligazón.

O vello dos contos.

Xa está no IES A Sangriña a exposición de Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", pioneiro da radio en Galicia. Trátase dunha mostra fotografica organizada polo Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, que homenaxea a este persoeiro.
Nas vindeiras semanas achegarémonos á súa figura e aos comezos da radio en galego. Viva a radio na escola!

 

RadioTrega: Especial 8 de marzo (8/3/2021)

Continuan as emisións de RadioTrega, a radio do IES A Sangriña, desde A Guarda, para o mundo!

Neste programa especial achegarémonos ao CIM da Guarda (Centro de Información á Muller), pois as condutoras desta emisión conversarán coa súa directora para poñernos ao día das actividades realizadas neste centro. Ademais, neste episodio de RadioTrega participan alumnas e profesoras do noso instituto, que recitarán algúns versos e darán as súas opinións sobre a conmemoración desta xornada. Por outra parte, tamén falaremos de Arminda dos Pantalóns, muller pioneira da nosa vila, á que quixemos lembrar neste día. E todo isto acompañado de boa música reivindicativa desta xornada, coa guinda final da colaboración de Nadia Vázquez, gaiteira e ex-alumna do noso centro, que nos mandou a súa mensaxe e as súas músicas para este día.

Ligazón ao programa: https://go.ivoox.com/rf/66712608

 

Distribuir contido


by Dr. Radut