Skip to Content

Tecnoloxía

Acceso ao sitio web de tecnoloxía

Visita ás instalacións de auga de consumo da Guarda.

11/10/2013 10:00
11/10/2013 13:00
Etc/GMT+2

O alumnado da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO visitou as instalacións de captación, bombeo e almacenamento de agua de consumo do Concello da Guarda o pasado 11 de outubro de 2013.

Acompañados do seu profesor, Antonio Lomba Baz, e o Concelleiro de Servizos, Seguridade e Tráfico, Paulino Rodríguez González, tiveron a oportunidade de visualizar e entender máis en profundidade o proceso de extracción e adaptación de auga para o consumo, temario que están actualmente estudando na materia de Tecnoloxía.

Campións de España en modelado 3D.

IES A Sangriña - Campións de España modelado 3D

Ligazón á noticia no Boletín da Consellería.

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES A Sangriña proclamouse campión de España da "d3mobile.es metrology league", unha competición de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato, neste curso 2012-2013.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo desta competición é espertar no alumnado a súa capacidade investigadora á vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.

Reportaxe de proxectos de Tecnoloxía. 2009-10


Reportaxe de traballos de 2º ESO de tecnoloxía


Distribuir contido


by Dr. Radut