Skip to Content

Noticias

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o vindeiro 11 de febreiro, organizamos unhas charlas a cargo de importantes  científicas que terán lugar esta semana.

Programa no pdf adxunto.  

Acto de graduación de 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato organizou un bonito acto de graduación. Velaquí un pequeno resumo fotográfico  

Alumnado do centro obtivo o DEPLE e o DELF (B1)

Este curso, algunhas alumnas e alumnos de Portugués e Francés, animados polo profesorado que imparte estas materias, presentáronse ás probas libres para obter o B1.

Os alumnos Alex Rodríguez Guisantes, David Domínguez Vasconcellos, Miguel Moreira Rodríguez, Alberto Romeu García e Raúl Méndez García acudiron este curso acompañados polo seu profesor Alberto Viso Outeiriño aos exames libres. Superaron con moito éxito as probas do Instituto Camões, Universidade de Lisboa e o Ministéiro de Negócios Estrangeiros de Portugal para a obtención do DEPLE, equivalente ao B1 no marco de referencia europeo para o coñecemento de linguas estranxeiras. As notas dos nosos rapaces estiveron entre o notable e o sobresaliente.

Asemade, examináronse por libre do DELF, proba equivalente ao B1 de lingua francesa, Víctor Adrover Amado, Gonzalo Español Alonso, Claudia Gómez Lomba, Diego Lima González e Sandra Martínez Alonso, acompañados pola súa profesora Rosalina Domínguez Muíños, quen os preparou durante o curso para este exame.

Muitos parabéns e félicitations a este grupiño de alumnas e alumnos! E, por suposto, tamén aos seus profesores Alberto Viso e Rosalina Domínguez, quen prepararon e acompañaron a este grupiño de rapazas e rapaces!

Na foto, o alumnado no exame de francés. 

Simulacro de evacuación

Seguindo as directrices do plan de autoprotección do centro, está mañá levamos a cabo un simulacro de evacuación, coa colabroación do GES da Guarda.

Distribuir contido


by Dr. Radut