Skip to Content

Noticias

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico.

Adxuntamos a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.

 

O PRAZO DE SOLICITUDES REMATARÁ O DÍA 6 DE XULLO DE 2021.

 

DESPEDIDAS

A pesar de todas as restricións vividas este curso, o alumnado que rematou etapa puido ter a súa despedida.

No caso de 4º de ESO celebrouse unha pequena festa de fin de curso, que consistiu nun tempo de lecer no xardín, unha merenda adptada aos tempos de pandemia e un recital de poesía. 

O alumnado de 2º de Bacharelato organizou o tradicional acto de graduación, con actuacións e emotivos discursos, no que se contou coa presenza das familias.
 

PARABÉNS, CLAUDIA!

O xoves, día 24 de xuño, tivo lugar o acto de recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrouse no salón de actos da Facultade de Medicina e foi transmitido a través da canle de Youtube da USC. Asistiron de forma presencial os 44 estudantes que tiveron mellor cualificación na fase obrigatoria das ABAU (estudantes con nota igual ou superior a 9,8), acompañados das súas familias, e entre elas estaba a nosa alumna Claudia Gómez Lomba, a quen queremos felicitar. Parabéns, Claudia! Es un orgullo para o noso instituto!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


Bases:

  1. As fotografías subiranse ao muro Padlet no enlace: https://padlet.com/cativica/2m86vdupdfhcywq0
  2. Só se admitirá unha única fotografía por estudante.
  3. As fotografías deben ser orixinais e non se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Non se acepta tampouco ningún tipo de retoque fotográfico.
  4. Valorarase o contido matemático, a orixinalidade e a calidade plástica e técnica da imaxe.
  5. O Dpto. de Matemáticas resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas para usos didácticos.
  6. Todas as fotos serán publicadas no muro.
  7. A participación neste concurso implica a aceptación das súas bases.

Participantes:

  • Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES A Sangriña no curso 2020-21. 

Premios:

  • 1° premio....vale de 50€ en material de papelería.
  • 2° premio....vale de 30€ en material de papelería.
  • 3° premio....vale de 20€ en material de papelería. 
Distribuir contido


by Dr. Radut