Durante o presente curso escolar 2008/2009, o IES A SANGRIÑA participou no Certame de Cooperativismo no ensino dirixido a Centros de Formación Profesional na modalidade de proxectos empresariais cooperativos.
O traballo presentado foi elaborado polas alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas Ana Belén Solleiro da Cunha e Melisa Alvarez Pousa e dirixido pola Profesora do Instituto Concepción Villamarín Coego.
O proxecto premiado titulado “Mercado Tecnia” desenvolve a idea dunha empresa de servizos de márketing que ofrece propostas de investigación comercial, loxística comercial, marketing no punto de venda e xestión comercial a Pemes e microempresas principalmente.
Esta empresa de servizos de marketing estaria ubicada na Guarda e o seu radio de traballo sería toda a comarca do Baixo Miño, así como a zona norte de Portugal.
Para analizar a viabilidade deste proxecto empresrial, realizouse un estudo de mercado a pé de rua, estraendo conclusións tan interesantes coma que o 91% dos enquisados recoñece e valora a aportación do márketing ao crecemento da empresa. A maioría das empresas pertencen ao sector servizos e en moitas ocasións non recurren a estes servizos porque non dispoñen de tempo nin médios suficientes, ou porque non hai na zona ningunha empresa que llo realice.
Conclúe o proxecto con un plan de inversión e financiamento de cinco anos vista que ratifica a viabilidade do proxecto.