Skip to Content

Recollida do premio "Coperativismo no ensino"

Durante o presente curso escolar 2008/2009, o IES A SANGRIÑA participou no Certame de Cooperativismo no ensino dirixido a Centros de Formación Profesional na modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

O traballo presentado foi elaborado polas alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas Ana Belén Solleiro da Cunha e Melisa Alvarez Pousa e dirixido pola Profesora do Instituto Concepción Villamarín Coego.

O proxecto premiado titulado “Mercado Tecnia” desenvolve a idea dunha empresa de servizos de márketing que ofrece propostas de investigación comercial, loxística comercial, marketing no punto de venda e xestión comercial a Pemes e microempresas principalmente.

Esta empresa de servizos de marketing estaria ubicada na Guarda e o seu radio de traballo sería toda a comarca do Baixo Miño, así como a zona norte de Portugal.

Para analizar a viabilidade deste proxecto empresrial, realizouse un estudo de mercado a pé de rua, estraendo conclusións tan interesantes coma que o 91% dos enquisados recoñece e valora a aportación do márketing ao crecemento da empresa. A maioría das empresas pertencen ao sector servizos e en moitas ocasións non recurren a estes servizos porque non dispoñen de tempo nin médios suficientes, ou porque non hai na zona ningunha empresa que llo realice.

Conclúe o proxecto con un plan de inversión e financiamento de cinco anos vista que ratifica a viabilidade do proxecto.

O premio foilles entregado o pasado dia 4 de xullo na celebración do Día do Cooperativismo Galego coincidindo co día internacional dedicado ás cooperativas nun acto presidido pola Conselleira de Traballo e Benestar e Presidenta do Consello Galego de Cooperativas, Beatriz Mato Otero, e a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana, contando, entre outras autoridades, coa presenza do Alcalde do Grove.A anfitriona e organizadora do acto foi a Cooperativa Amegrove, que agrupa a mais de 300 socios e está dedicada ao cultivo e comercialización do mexillón das Rias Baixas.

Recollida de premio

Recollida de premio


story | by Dr. Radut