Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

O noso centro, xunto co San Xerome Emiliani, participa na xornada “As persoas con necesidades especiais nos Proxectos Europeos"

14/10/2015 00:00
Etc/GMT+1

O compromiso do IES A Sangriña pola inclusión social de persoas con necesidades especiais comeza en 1999 ao compartir, programar e levar a cabo diversas actividades de carácter deportivo e sociocultural con usuarios do Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani ao que se sumou máis recentemente no ano 2011 a asociación Avelaíña de Axuda ás Persoas con Problemas de Saúde Mental.

Promovido por Beatriz Tourón e Amalio Verd, esta colaboración culminou na presentación e aprobación pola Unión Europea do Proxecto Comenius Regio “Os programas europeos como motor de inclusión social de discapacitados intelectuais e enfermos mentais”, coordinado pola Xefatura Territorial de Pontevedra con centros asociados españois (Centro San Xerome Emiliani, Asociación Avelaíña, CEIP A Sangriña e IES A Sangriña) e franceses (Concello de Zuydcoote, CEE Vancauwenberghe, Collège Boris Vian de Dunkerque). Ao longo de dous anos de proxecto desenvolvéronse máis de 100 actividades en cada país, implicando a miles de participantes.

O pasado 14 de outubro de 2015, o Centro San Xerome Emiliani e o IES A Sangriña foron convidados polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) a participar nunha "Xornada de difusión Erasmus+ sobre Persoas con Necesidades Especiais", e a súa participación nos proxectos europeos, para recordar e compartir esa experiencia.

A Sangriña participa nas Xornadas Erasmus+

17/10/2015 00:00
Etc/GMT+1

O pasado 17 de outubro celebrouse na EGAP de Santiago de Compostela unha xornada de difusión dos programas Erasmus+. O IES A Sangriña, seleccionado pola Xunta de Galicia como modelo de boas prácticas, foi invitado a compartir a súa experiencia nesa xornada.

A ponencia "Programas europeos nun centro educativo. Beneficios e oportunidades" foi impartida por Teresa Álvarez, coordinadora e representante do Equipo de Dinamización de Actividades Internacionais do IES A Sangriña.
Ao longo dunha hora, fíxose un repaso á historia das actividades e proxectos internacionais desde os seus inicios no ano 1992, ata agora. Presentáronse os programas actuais, o funcionamento interno do equipo e previsións de futuros proxectos.

A xornada foi inaugurada pola sesión plenaria sobre Erasmus+ a cargo de Beatriz Tourón, do SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) e promotora dos programas europeos do IES A Sangriña desde os seus inicios.
Desde aquí o noso recoñecemento e agradecemento a Beatriz Tourón polo seu traballo, esforzo e entusiasmo ao longo de 22 anos de coordinación. Grazas por esta herdanza. Seguiremos aprendendo e traballando, aínda queda moito por andar.

  

Dúas alumnas de Dunkerque estudan no noso centro

13/10/2015 00:00
Etc/GMT+1

O pasado martes 13 de outubro de 2015 chegaron Angèle e Margaux, as nosas alumnas Erasmus+ procedentes do Collège Boris Vian de Dunkerque (Francia), dúas valentes rapazas de tan só catorce anos que completarán os seus estudos no IES A Sangriña ata o 10 de novembro, na clase bilingüe de 3° ESO A.

Asemade, recibimos a visita de Fabrice Tondeur, profesor de Educación Física do Collège Boris Vian que realizará unha mobilidade de profesorado no noso centro e intervirá nas clases de Educación Física e Francés lingua estranxeira nos niveis de segundo, terceiro e cuarto de ESO.

Feliz estancia aos tres e benvidos ao noso centro!

 

 

A Sangriña en Aarhus

29/09/2015 00:00
07/10/2015 00:00
Etc/GMT+1

O pasado martes 29 de setembro, os doce participantes no intercambio con Dinamarca emprederon a viaxe a Aarhus acompañados por Teresa Álvarez e Juan Ramón Torres.

Ademais dun completo programa de actividades culturais en Aarhus, gozarán da visita á cidade de Copenhague. Asistiron tamén o pasado venres 2 de outubro á celebración do 40 aniversario do instituto anfitrión Langkaer, evento do que gardarán, sen dúbida, un grato recordo.

As primeiras imaxes adiantan unha estancia instrutiva nun ambiente agradable e familiar.

Parabéns, Aarhus!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut