13/10/2015 00:00
Etc/GMT+1
O pasado martes 13 de outubro de 2015 chegaron Angèle e Margaux, as nosas alumnas Erasmus+ procedentes do Collège Boris Vian de Dunkerque (Francia), dúas valentes rapazas de tan só catorce anos que completarán os seus estudos no IES A Sangriña ata o 10 de novembro, na clase bilingüe de 3° ESO A.
Asemade, recibimos a visita de Fabrice Tondeur, profesor de Educación Física do Collège Boris Vian que realizará unha mobilidade de profesorado no noso centro e intervirá nas clases de Educación Física e Francés lingua estranxeira nos niveis de segundo, terceiro e cuarto de ESO.
Feliz estancia aos tres e benvidos ao noso centro!