Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Intercambio con Dinamarca

21/09/2015 00:00
28/09/2015 00:00
Etc/GMT+1

O pasado luns 21 de setembro chegaron á Guarda doce estudantes daneses no marco do intercambio con Aarhus (Dinamarca).
Ademais da convivencia coas familias guardesas, participarán en distintas actividades culturais, deportivas e artísticas ao longo da semana. Iniciamos o programa coa actividade de piragüismo seguida da visita ás illas Cíes, aos muíños do Folón e ao Monte Tegra.
As imaxes falan por si mesmas!

 

Ata o vindeiro luns 28 de setembro aínda lles queda moito por descubrir, ensinar e compartir. Feliz estancia!

Intercambio con Francia, 2015

07/04/2015 09:00
14/04/2015 09:00
Etc/GMT+1

Bienvenue!

Quince estudantes do Collège Boris Vian de Dunkerque compartirán connosco 7 días de actividades culturais, deportivas e lingüísticas, no marco dun intercambio escolar.

No día de onte franceses e guardeses gozaron da súa primeira visita xuntos, nas illas Cíes.

 

Bon séjour à tous!

Alumnado de ciclos realiza as prácticas no estranxeiro

24/03/2015 00:00
Etc/GMT+1

Durante estas últimas semanas fomos despendido ao alumnado de ciclos medios e superiores do IES A Sangriña que marchou realizar as súas prácticas noutros países europeos. Desta volta, Plymouth e Londres, en Reino Unido; Caserta, en Italia; e Lisboa, en Portugal serán os destinos.

Todas estas prácticas forman parte do proxectos KA 102, con 18 participantes, e KA 103, con 2 participantes.

  

 

Noticia no Faro de Vigo sobre os proxectos Erasmus+ da Sangriña

31/03/2015 00:00
Etc/GMT+1
O Faro de Vigo de hoxe, 31 de marzo de 2015, publica unha noticia sobre o noso centro co gallo das prácticas que o alumnado de ciclos medios e superiores están a levar a cabo en países estranxeiros, grazas aos Programas Internacionais Eramus+ organizados no centro.
Podedes acceder á noticia aquí
 
Distribuir contido


by Dr. Radut