Skip to Content

Conferencia de Marcelino Agís

Conferencia de Marcelino Agís

Feminismo pacifista: Exposición 100 anos WILFP. Encontro con Carmen Durán

Dende a semana pasada temos no vestíbulo do centro a exposición "100 anos WILFP", unha mostra de 40 paneis que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizou en todo o mundo nos seus 100 anos de historia. WILFP é unha ONG internacional con seccións nacionais en todos os continentes. Carmen Durán, unha das fundadoras da sección española de WILFP, veu ter un encontro co noso alumnado, para contarlles como mulleres de todo o mundo que participan en movementos pola paz, están cambiando de distintas formas as nosas sociedades. É un feito de experiencia que a probabilidade de que un acordo de paz sexa duradeiro, aumentan se participan nel as mulleres. Vamos, que a paz é cousa de mulleres...

Feminismo pacifista

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Viaxe a Moscova

Viaxe a Moscú

SANTIAGO / LA VOZ 02/04/2019 05:00 H
 
Doce estudantes de cuarto de ESO e dous docentes do IES Xelmírez II partiron onte para realizar un intercambio co colexio bilingüe Miguel Hernández, de Moscova. Regresan a próxima semana. Do 27 de abril ao 7 de maio está previsto que un grupo do colexio ruso lles devolva a visita e veñan a Santiago, onde terán unha recepción no Concello o 2 de maio, entre outras actividades. Na programación do Xelmírez II destaca hoxe un encontro do seu alumnado co decano de Filosofía, Marcelino Agís.
 
Ler a nova en La Voz de Galicia

Charla de Marcelino Agís (Decano de Filosofía). A filosofía moderna como nunca cha contaron

Din que a Filosofía é un saber de minorías, pero o caso é que o pensamento é o que nos iguala e nos fai auténticamente humanos (e tamén auténticamente libres). Esta convicción que compartimos con Marcelino Agís é o que animou ao actual Decano de Filosofía a escribir unha Historia da Filosofía peculiar, contada doutro xeito, "como nunca cha contaron", e a nós a convidalo para que nos axude a achegarlle ao noso alumnado o legado, nesta ocasión, dos filósofos da modernidade. Porque queremos que a Filosofia sexa un saber de maiorías e reivindicamos o dereito á Filosofía.

Marcelino Agís

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

 

Charla coloquio sobre novos machismos

Os días 11 de marzo e 1 de abril o sociólogo e profesor da facultade de ciencias da educación da USC Jorge García Marín impartiu unha charla-coloquio sobre novos machismos aos alumnos de 3.º e 4.º de ESO .

Novos machismos

Este profesor é un dos grandes coñecedores e investigadores sobre este campo e autor de varios artigos sobre este tema.

Os obxectivos da charla eran reflexionar sobre:

Obradoiro de cerámica na aula

O alumnado de 1.º ESO ralizou un obradoiro de cerámica na aula durante o mes de marzo

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

      I.       

Lucía Riveiro, alumna de 2ºESO, campioa galega de judo

Lucía Riveiro

Lucía Riveiro, do Compostela Judo Club, proclamouse campioa galega no Autonómico infantil e cadete, en categoría de +63 kg. A este ouro uníronse a prata de Diego Salvado e os bronces de Lucas Santamaría, Aarón Igrexas e Esther García. Lorenzo, Uxía e Antía acabaron as súas respectivas competicións en quinto posto.

 Ler a nova en El Correo Gallego

Visita á fábrica de FINSA do alumnado de Tecnoloxía Industrial I

O pasado 27 de Marzo o alumnado de Tecnoloxía Industrial I visitou ás instalacións de FINSA en Santiago para coñecer os procesos industriais desenvolvidos na planta.

Falando con Zósimo López Pena sobre "Publicidade e motivacións".

O pasado 26 de marzo, na aula de Filosofía contamos cun profesor convidado, Zósimo López Pena, da Universidad Internacional de la Rioja. O profesor López Pena participou nunha sesión interactiva co alumnado sobre o tema "Publicidade e motivacións", para reforzar o traballado na aula, ao destacar a influencia que a linguaxe publicitaria exerce sobre as nosas condutas e expectativas.

As Tanxugueiras connosco

Un dos grupos máis relevantes da música galega contemporánea confórmano tres mozas que se fan chamar Tanxugueiras. Recentemente gañadoras do premio Arritmar e do Premio MIN ao mellor álbum de música galega, pasaron parte da mañá do 21 connosco. Só tedes que ver o vídeo para decatarvos de que o pasamos moi ben con elas, bailamos, cantamos, rimos e recibimos moi boas recomendacións. Moitas grazas a elas e á Fundación Paideia. Un luxo.

 

Ciencia e poesía: Xurxo Mariño

O día 21 de marzo estreamos a primavera cunha conferencia de Xurxo Mariño sobre o poder evocador e poético da ciencia. Unha conferencia moi suxestiva que comeza coa visión que tiñan os poetas románticos do coñecemento científico e remata co poder evocador e poético da ciencia de Sagan ou dos textos de Estíbaliz Espinosa. Coma sempre, un pracer.

La Voz de Galicia entrevista á nosa compañeira María del Carmen Rey

Carmen Rey
XOAN A. SOLER

JOEL GÓMEZ 
SANTIAGO / LA VOZ 20/03/2019 05:00 H

A Raíña Vermella: lingua e sanidade

O pasado mércores 20 de marzo pasou pola centro a médica-psiquiatra Iria Veiga, máis coñecida nas redes sociais como A Raíña Vermella. A autora do blog O outro lado do espello falounos da súa experiencia como estudante galegofalante e, por suposto, como profesional así como da importancia de usar a lingua galega cos seus pacientes. Moi interesante e para facernos pensar.

A raíña bermella

A raíña bermella

Viaxe a Roma

Estudantes de 3º ESO e 1º BAC realizaron unha viaxe de estudos a Roma entre os días 18 e 22 de marzo acompañados polos José Antonio Santiago e Susana Cendal.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

UniStem Day 2019

 Coñecemento e innovación: a viaxe interminable da investigación en células nai

UniStem Day

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

O día 15 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu na Facultade de Medicina ao UniStem Day, este evento está dedicado á divulgación da ciencia e a investigación das células nai. Interveu nesta xornada o persoal do Laboratorio de Neurobioloxía Molecular y Celular da enfermidade de Parkinson da Facultade de Medicina da USC que falou de:

Distribuir contido


by Dr. Radut