Skip to Content

IV Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Acto de entrega do premio. Programa

12.30. Actuación musical.

12.40. Apertura do acto, coa intervención da Dra. (Pilar Tobar). O alumno Leo Espiña fai a presentación de D. Carlos Lema Devesa.

12.45-13.15. Charla de D. Carlos Lema Devesa. "A publicidade discriminatoria da muller".

13.15. Actuación musical.

13.20. Acto de entrega dos Premios
Presentación das autoridades que asisten en representación da Consellería de Educación e do Concello de Santiago.
Lectura da acta e simultaneamente entrega dos Premios. Fan entrega deles Elvira Casal García (Subdirectora Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística), Dna. Goretti Sanmartín (concelleira do Concello de Santiago e vicepresidenta de Deputación da Coruña) e D. Carlos Lema Devesa (promotor dos Premios Ofelia Devesa)

13.30. Proxección dos vídeos gañadores. Categoría 1ª (alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO) e Categoría 2ª (4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato).

13.45. Actuación musical.

13.50. Peche do acto. Interveñen D. Carlos Lema Devesa, Dª Elvira Casal e Dª Goretti Sanmartín.

14.00. Fin do acto.

Un grupo de profesores/as lituanos visita o noso centro

O día 4 de xuño estivo no noso centro un grupo de profesores/as de ensino primario, secundario e superior de Lituania, o obxectivo da visita era coñecer a fase de prácticas do "Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas" que se desenvolve nos  centros de secundaria. Tamén aproveitaron para coñecer as instalacións e as distintas actividades que se desenvolven no centro, así como a estrutura do noso sistema educativo.

Árbore pitagórica - ΠΥƟATOPIKÓN ΔÉNAPON

O alumnado de 1º ESO traballou o teorema de Pitágoras construíndo unha árbore Pitagórica.

A Árbore de Pitágoras é un plano fractal construido a partires de cadrados inventado polo profesor Albert E. Bosman en 1942. Leva o nome do matemático grego Pitágoras xa que en cada unión de 3 cadrados, fórmase un triángulo rectángulo nunha configuración tradicional utilizada para representar o teorema de Pitágoras.

A construcción da árbore de Pitágoras comeza cun cadrado, sobre este cadrado constrúense dous cadrados, cada un reducido á metade do anterior de forma que as esquinas dos cadrados coincidan dous a dous.

Desta forma, vemos que o cadrado maior ten como área a suma das áreas dos dous cadrados pequenos, así que pódese ver claramente que: h² = a² + b²

Club de lectura: Artigos de investigación.

Durante o 2.º recreo dos mércores de novembro de 2018 a maio de 2019 o club de lectura realizou lecturas e comentarios en grupo de artigos sobre: Ötzi, o home de Hauslabjobch, o  mundo das momias e os mitos do cine, o interior das pirámides, o estudio da Atlántida a través da arqueoloxía, os celtas en Hispania, a muller e a infancia na arqueoloxía, mulleres na arqueoloxía (lectura dun artigo da conferenciante Celtia Rodríguez).

Obras Aula Maker

No presente curso o noso centro ten sido elixido coma un dos dez centros en toda Galicia en participar no proxecto “Aula Maker”, coa creación dun aula multidisciplinar enfocada ao desenvolvemento de proxectos nos que o alumnado deseñe, planifique e constrúa todo tipo de materiais e dispositivos. 

É o primeiro ano dun proxecto ambicioso que pretende xerar unha dinámica de traballo interdisciplinar baseado na filosofía “Maker”, ou “Faino tí mesmo”, unha das principais tendencias pedagóxicas do momento.

E como comenzo do proceso, este ano tocou reformar aulas, preparar e decorar o espazo, e montar todo o material co que está dotado o proxecto, de modo que quede dispoñible para a realización de proxectos por todo o alumnado.

Como parte da filosofía Maker, foron os propios alumnos e alumnas os encargados de levar a cabo partes do proxecto, pintando, montando, organizando e planificando. O espíritu Maker xa está impregnando o centro!

Visita ao Castro de Viladonga e a Lugo

O alumnado de 1.º ESO realizou o día 29 de maio unha visita ao Castro de Viladonga e a Lugo acompañado polos profeesores Pilar Tobar e Amancio Pampín. No Castro de Vilandonga tiveron ocasión de participar nun obradoiro de arqueoloxía sobre o terreo e en Lugo visitaron as escavación arqueolóxicas da cidade (templos, piscina) e deron un paseo pola súa muralla.
Lugo
Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos
 

A NOSA volve ao espazo con susto ao perder o localizador tras o lanzamento

A NOSA

EMMA ARAÚJO

29/05/2019 05:00 H

Lanzamento da Cápsula Estratosférica MARUMASAT

O alumnado do club de ciencias e do StemBach asistiu, o día 28 de maio, ao lanzamento á estratosfera da cuarta sonda MarumaSat da Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA

Marumasat

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A NOSA afronta en Ordes outro lanzamento á estratosfera

A NOSA

MARÍA RODRÍGUEZ

SANTIAGO / A VOZ 29/05/2019 00:39 H

O IES Maruxa Mallo de Ordes, en colaboración cos centros educativos Miraflores (Oleiros), Marco Camballón (Vila de Cruces), Xelmírez II (Santiago), CPI Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello, levou a cabo nas instalacións do instituto un novo lanzamento da sonda espacial MarumaSat, que nesta ocasión incluía un experimento para comprobar a teoría da relatividade coa denominada Misión Einstein. O globo tomou altura, tal e como se esperaba, pero segundo facíao perdeu unha peza, o localizador que axuda logo a recuperalo para extraer os datos solicitados no voo.

Calendario de exames de xuño para 2º Bacharelato

No documento adxunto pódese consultar o calendario de exames de xuño para o alumnado de 2º de Bacharelato.

Saída a Dombate, Borneiro e Anllóns

O alumnado de 1.º ESO realizou unha saída a Dombate, Borneiro e Anllóns o día 21 de maio acompañado polo profesor Amancio Pampín, ademais das visitas realizaron distintos obradoiros: excavación, música, moenda e arqueoloxía.

Visita a Dombate

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Aquel-e: A Galiza pop

Aínda non coñeces a Aquel-e? Pois a que agardades para facervos subscritores da súa canle de You Tube? Hoxe estivo con alumnado de 1BACH un dos youtubeiros do momento falándonos da súa Galiza, da Galiza pop, da Galiza posible. Que ben o pasamos e canto aprendemos.
Aquel-e

Calendario de fin de curso para 2º de Bacharelato

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 18-19 para 2º de Bacharelato, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e o período de prematrícula das ABAU.

 

Acto de graduación da promoción 2013-19

Como ven sendo habitual dende hai oito anos, baixo a dirección da profesora de música Carmela Cobo, celebróuse o acto de graduación da promoción 2013-2019, con entrega de becas, orla, con emotivos discursos, por unha banda da directora do centro Pilar Tobar e por outra do profesor de historia Amancio Pampín que despediu ao alumnado. Colaboraron o resto de profesores/as nas diferentes tarefas do acto.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut