Poñemos en marcha o noso Club de Ciencia: "ImAXIInacción"
Hoxe recibimos a confirmación de que o noso centro resultou seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar no programa piloto de innovación educativa "Club de Ciencia".
ImAXIInacción é o nome que eliximos para o Club que, con moita ilusión, poñemos en marcha desde hoxe co seu primeiro proxecto, "Mira por onde pisas", relacionado co estudo das propiedades físico-químicas do solo.
Desexamos que a experiencia resulte positiva e enriquecedora para todo o profesorado e o alumnado implicado e que teña continuidade nos vindeiros cursos, con moitos mais proxectos e ampliando o número de participantes.
Podedes ampliar información sobre o Club e seguir o desenvolvemento dos seus proxectos e a publicación de resultados a través da súa web e dos seus perfís en redes sociais: Twitter, Instagram e Facebook