Skip to Content

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA FILOSOFÍA

 

O Día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves do mes de novembro. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa conmemoración no ano 2005. O seu obxectivo é destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara ao xóvenes, e incidir no seu interese na medida en que “estimula o pensamento crítico e independente e é quen de traballar para un mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

A UNESCO anima aos Gobernos, ás institucións públicas e organizacións, asociacións, universidades, institutos, etc. a organizar distintos tipos de actividades sobre o tema xeral do Día.

No IES Arcebispo Xelmírez II, leuse a Declaración de París a favor da Filosofía do ano 2005, para lembrar nun momento especialmente delicado para a presenza da ensinanza da Filosofía na ensinanza alguna das recomendacións contidas na citada Declaración:

“Todo individuo debe ter dereito a dedicarse ao libre  estudo da filosofía baixo cualquera forma e en cualquera lugar do mundo;

A ensinanza da filosofía debe manterse ou ampliarse onde xa existe, implantarse onde aínda non existe e ser nomeada explícitamente coa palabra “filosofía”;

A ensinanza da filosofía debería ser impartida por profesores cualificados e instruidos específicamente a tal efecto e non estar supeditada a consideración económica, técnica, relixiosa, política ou ideolóxica alguna.”

Promoveuse tamén entre o alumnado a recollida ou creación de aforismos en defensa da Filosofía.

 



blog | by Dr. Radut