Skip to Content

Presentouse o STEMBach 2020-21

10/10/2020

Este mércores 8 de outubro realizamos a presentación do programa STEMBach. A pesar das dificultades desta situación, temos unha enorme ilusión por seguir desenvolvendo todas aquelas actividades e iniciativas que sexa posible. Iremos informando, e tamén... podes achegar suxestións ou ideas. Por que non?

Para comezar, debatemos sobre a planificación do curso e sobre os avances que se levan realizado nos traballos de investigación que lerán os compañeiros de 2º curso ¡Teñen moi boa pinta!

Tamén visualizamos o vídeo de promoción deste programa (https://1drv.ms/u/s!AhQmFdg3YAc8gu4Bj9EcbDC3r7OJUw?e=s1pUsN) que preparamos para este inicio de curso. ¡Bótalle unha ollada e dános a túa opinión!



event | by Dr. Radut