Skip to Content

contador gratis para blog

Comedor

Novo mural no comedor

Estreamos mural no comedor escolar, coas froitas como protagonistas e con el queremos motivar ao alumnado ao cumprimento das normas de convivencia neste espazo escolar: comer un menú saudable e variado, manter un ton de voz baixo cando estamos sentados á mesa, usar correctamente os cubertos, pedir por favor as cousas... Son só algúns dos útiles consellos que debemos cumprir para unha convivencia feliz e harmoniosa á hora de comer.

INFORMACIÓN RESPECTO AOS RECREOS

10/11/2012 11:16
Etc/GMT+1

A todos os pais/nais e alumnos/as do noso centro.

Como ben sabedes este curso se engadiu o reparto de bocadillos á froita que xa se daba nos recreos.

Agora ben no seguimento deste reparto detectamos que o alumnado non comía froita polo que optamos por repartir uns días bocadillos con froita e outros días froita con galletas. Deste xeito conseguiremos que os alumnos teñan unha dieta saudable.

Menú Escolar de Xuño

A partires de agora queremos compartir tamén con todos vós a información do comedor do centro. No menú da esquerda podedes consultar directamente a sección de comedor e mantervos informados sobre os menús mensuais e útiles consellos sobre alimentación infantil. Agardamos sexa da vosa utilidade. Lembrade que os documentos publicados en issuu pódense ler na pantalla e tamén imprimir.

Menú escolar xuño 2012

Aquí tedes o menú escolar do mes de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut