Skip to Content

contador gratis para blog

Localización, Datos e Planos, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría, Comedor

Axudas para adquisición de material escolar.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar axudas para a adquisición de material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

 

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados. As solicitudes (anexo I da convocatoria) poderán recollerse e presentarse en soporte papel no centro. Tamén se poderán descargar en formato PDF na ligazón https://sede.xunta.es/portada

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de hoxe día 2 de setembro.

 

Pódese consultar a orde na que se especifican requisitos e documentaciuón na seguinte ligazón.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/16843

 

FONDO DE LIBROS. Listado de libros por alumno tendo en conta a adxudicación complementaria.

Seguindo as instrucción da Consellería, o centro completará os lotes do Fondo Solidario de libros según se especifica no arquivo adxunto.

LIBROS FONDO E COMPLEMENTARIOS

Lembramos os pais deberán mercar  os libros QUE NON APARECEN EN NINGÚN DOS APARTADOS DO ARQUIVO, ata completar a relación de libros do curso correspondente, que tamén se pode consultar en http://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxedasaleta/node/518

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2015/2016. LISTAXE DEFINITIVA EDUCACION PRIMARIA.

Publicáronse as listaxes definitivas para Primaria (3º e 5º) do Fondo Solidario de libros para o curso 2015/2016. Nelas especifícase o lote de libros adxudicado a cada alumno.

As listaxes definitivas para Secundaria (2º e 4º) publicaranse o 15 de setembro, unha vez pasados os exames.

Podedes descargar o documento na seguinte ligazón.

Listaxe definitiva primaria

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Onte convocáronse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/15 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa. Estes premios pretenden recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a ESO.

Poden optar a estes premios aqueles alumnos que teñan unha media das cualificacións de todas as materias dos catro cursos da etapa  igual ou superior a 9,00 puntos.  Dende o colexio de Cea propomos a tres alumnos que este ano remataron a ESO.

Parabéns para Yoana Rodríguez, Iván Casado, e Sandra Pérez. Dende o colexio desexámosvos moita sorte, esperando que acadedes este premio.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2015/2016. LISTAXE PROVISIONAL.

Hoxe sairon as listaxes privisionais de admitidos no Fondo solidario de libros de texto para o curso 2015/2016.

As listaxes definitivas estarán dispoñibles a partir do día 15 de xullo.

Podedes descargar o arquivo nesta ligazón:

Fondo libros 2015/2016

 

AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR

O 1 de xuño de 2015 a Secretaría Xeral Técnica desta consellería ditou a instrución 1/2015 que establece as liñas xerais de organización e funcionamento, para o curso escolar 2015/2016, dos comedores escolares de xestión directa dos centros docentes públicos que impartan os niveis de ensino obrigatorio e de oferta obrigada.

Os alumnos que fagan uso do servizo de comedor do Centro deberán cubrir un impreso Anexo II (ver arquivos adxuntos) para determinar, en función da renda neta per cápita da unidade familiar, se teñen que pagar ou non por dito servizo.

O prazo para presentar no Centro o Anexo II debidamente cumprimentado remata o día 26 de xuño de 2015.

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (CURSO ESCOLAR 2015/2016)

Segundo a Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), convócanse axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º,2º,4º e 6º de Educación Primaria, 1º e 3º de ESO ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I que poderá recoller no propio Centro ou directamente do DOG do 22 de maio de 2015 (páxinas 21308 á 21310) ou na da Consellería http://www.edu.xunta.es/web/axudaslibros.

Tamén nesta mesma páxina en arquivos adxuntos.

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA 2015/2016

Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo íníciase o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar (2015/2016).

Documentación:

  • Impreso de matrícula (proporcionado polo Centro ou ver arriba "adxunto").
  • Impreso de Certificación Médica.
  • Fotocopia do Libro de Familia (Só as follas onde aparecen os pais e o/a alumno/a)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a
  • Fotocopia do DNI dos pais.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria o Cartilla do Seguro.
  • Certificado de Empadroamento (Pedir ao Concello)
  • 6 fotografías actuais tamaño carné.
  • Se procede doutro Centro Educativo: Certificado de Estudos que está a realizar

 

O 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio publicaranse as listas definitivas de admitidos e non admitidos

O periodo de formalización de matrícula será:

  • do 1 ao 30 de xuño para Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xuño para Secundaria
  • do 1 ao 10 de setembro para Secundaria (Prazo Extraordinario)

DÍA DA PAZ ESCOLAR E NON VIOLENCIA

Este ano celebramos o día da Paz Escolar e Non Violencia traballando pola convivencia, a tolerancia e o respeto a diversidade. O alumnado de Infantil e Primaria visionaron e profundizaron na mediametraxe "O balón vermello" e o alumnado de Secundario fixo un manifesto.

Para rematar o acto fixemos unha solta de globos con ambientación musical do Himno da Alegría. Velaquí algunhas imaxes.

ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA ÚNICA

Co gallo de aclarar aquelas dúbidas que foron xurdindo na reunión informativa sobre a xornada única para o curso 2015/2016, matizamos:

  • O alumnado vai ter comedor e transporte sempre que así o demanden.

 

  • Os martes, mércores, xoves e venres saése ás 14:00 se non se come no comedor.

 

  • O alumnado poderá saír do Centro:
        • ás 14: 00 horas se non queda a Comedor de forma particular.
        • ás 15:30 horas se queda a Comedor e pode irse tanto no transporte escolar como particularmente (agás os luns)
        • ás 17:30 horas os luns no transporte escolar
        • ás 16:45 horas, de forma particular, se queda ás actividades Extraescolares da ANPA ou na Biblioteca-Ludoteca Escolar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut