O grupo de 1º e 2º do club de lectura falamos da falta de dereitos nos rapaces protagonistas de "O neno can", da importancia dos cans na vida das persoas e mesmo das citas que se atopaban ó final de cada historia.
Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF Deseño e realización dos bonecos: Carlota Álvarez. Animación e decorados: Álex Pico e Carlota Álvarez. Animadores secundarios e decorados: Alejandro Fernández, Raúl Gallego, Alicia Nogueira e Nieves Calviño. Animación Adicional: Susana Freire e Valentín Castellano Atrezzo adicional: Patricia Fernández Axudantes: Adrián González, Gabriel Teixeira, Gabriel Iglesias e Xiana Vázquez. Voces: Marco - Álex Pico Señor Alfonso - Jose Ramón Rodríguez Nai - Nieves Calviño Música: Cuarteto para piano de Robert Schumann. Interpretado por Musicians from Marlboro. Música Trailer: Antonio Saco Agradecemento especial aos nosos amigos Iván e Marcos. Guión: Álex Pico, Carlota Álvarez, Nieves Calviño e Paula V. Carral. Corrección de guión: Paquita Manso Dirección e montaxe: Dávid González Gómez
Este ano coordinaremos o club dúas persoas novas, Matías e Marta, que trataremos de continuar co proxecto que nos deixou a anterior coordinadora (Grazas polo camiño percorrido Paquita!).
Comezamos o día 21 de outubro co grupo de 1º e 2º e o día 28, co de 3º e 4º.