Durante o vindeiro curso 2012- 2013, o CPI Virxe da Saleta aumenta a súa oferta formativa incorporando un novo Programa de Cualificación Profesional Inicial na Modalidade C. Terá un horario de luns a martes e prácticas de mércores a venres. Está destinado a alumnado entre 15 e 21 anos, sen o título de ESO ou doutro PCPI. Podes apuntarte en: Albanelaría, Arranxos Florais, Cociña, Comercio, Estética, Fontanería e Calefacción, Informática, Mantemento de Vehículos, Montaxe de Redes Eléctricas, Pastelaría, Peiteado, Repografía, Revestimentos de Obra, Servizos administrativos, Servizos de Restauración ou Hostelería. Infórmate antes do día 12 de setembro no teléfono 988282169
Que vos parece ver ao noso centro nun documental sobre as letras galegas, ao carón de Castelao, Risco, Rosalía, Celso Emilio, Curros... e de grandes artistas como Xabier Díaz, Uxía Senlle, Rosa Cedrón ou Luis Emilio Batallán? (buscádenos a partires do minuto 39)
Aquí tendes ao noso alumnado de 4º da ESO falando da curtrametaxe que realizaron durante o curso escolar 2011/2012. A partires do minuto 33:40 na Revista da TVG.
Remata o mes de maio e queremos compartir con vós esta gravación de coplas. A tradición dos maios ten moito arraigo na nosa provincia, e consiste na elaboración dunha construcción, artística ou tradicional, con madeira, tela de saco e todo tipo de ornamentos naturais, como flores, carrabouxos, toxos, carqueixa, xesta, etc. Ao redor dela, e ás veces no seu interior, nenos e maiores cantan unhas coplas que sempre levan a mesma melodía e teñen letras que fan referencia a acontecementos do ano. A TVG contactou connosco para gravar en vídeo aos nenos cantando e emitilo nun especial o 25 de xullo de 2012, adicado ás letras galegas. As coplas están escritas no curso 2011/2012 polo alumnado de 4º de primaria: Mª José, Mª Jesús, Abraham, Yoel, Saleta, Tania, Rubén e Hugo.
Os intérpretes e cursos son: 1º: Nuria, María e Aitiana, 2º: Óscar, Nerea e Valeria, 3º: Sara, Alicia e Rocío, 4º: Andrea, Carla e Alejandro, 5º: Celia, Mª José e Yoel e 6º: Alejandro, Nieves, Carlota e Andrea.