Skip to Content

contador gratis para blog

Escolares

Unha cuestión de educación

“Unha cuestión de educación” é o traballo dos alumnos de ética de 4º de ES0 durante o curso pasado. Tratase duha curta feita pola técnica do stop-motion, un proceso artesanal que consiste en dar vida a bonecos inanimados. O resultado final é espectacular, digno de moitos profesionais. Gracias a iso, tivemos unha mención no festival de Ourense, aínda que a maior satisfacción foi a de levar a cabo un traballo de tanta calidade e que os compañeiros de todas as idades do centro o admirasen.

Panadeiriños

Panadeiros somos. Amasamos, botamos a fariña, enfornamos e sobre todo, o que máis nos gusta, gozamos do seu recendo recén saidiño do forno, e ao chegar a casa comémolo. Gracias ao Marcos, o pai de María de 6º de Infantil, e a toda a súa familia por ensinarnos cousas tan interesantes. Alucinamos no Forno da Burata. É de 1853, así que ten 160 anos. E aínda conserva a chave orixinal!.

Día do libro

Feliz día do libro 2013. Celebrámolo cos nosos monicreques, que xa están listos para vos contar contos.

Semana do libro na Biblioteca

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO (semana do 22 ao 26 de abril do 2013) NOVIDADE!!: Presentación do noso libro electrónico.

EXPOSICIÓNS: Exposicións de marionetas (feitas por os alumnos de 1º ESO). Exposición dos debuxos dos participantes no concurso de logos. Exposición de marcapáxinas feitos por os alumnos de ESO. Unha árbore de libros: feito por alumnos de infantil e primaria, cunha selección de citas sobre as virtudes dos libros e a lectura de alumnos da ESO) e coas portadas dos seus libros favoritos (alumnos de infantil e primaria). MÚSICA NA BIBLIOTECA:  Durante os recreos escoitaranse pezas inspiradas en famosas obras literarias.  ACTIVIDADES: Martes 23: “101 buenas razones para leer”.  Mércores 24: Conto contigo cos nosos maiores (ás 16 horas): INFANTIL: Cuentos clásicos. PRIMEIRO CICLO: Cuentos clásicos. SEGUNDO CICLO: La señora de los libros. TERCEIRO CICLO: El oso que amaba los libros.

Adiviñas e refráns das froitas

Conto Contigo - A Galiña Roxa

Velaquí un primeiro exemplo do proxecto CONTO CONTIGO. Alumnado da ESO que, no marco dunha unidade didáctica que desenvolve as Competencias Básicas, realizan unha lectra dramatizada para o alumnado de Educación Infantil do centro. Trátase da Galiña Roxa, conto editado por Kalandraka, que Andrea, Alba, Carlota e Yuli poñen en escena utilizando recursos teatrais e poñendo en práctica a súa Competencia Lingüística diante dun público ben esixente. A actividade levouse a cabo o día da muller, 8 de marzo de 2013. O conto foi escollido por contar a historia dunha galiña traballadora e ao mesmo tempo nai, que se esforza por levar adiante as súas tarefas a pesares da pouca colaboración dos outros animais.

Cien-Cea

CIEN-CEA

Aquí tedes o blog de aula de Bioloxía e Ciencias Naturais onde o alumnado de ESO e a profesora Conchi publican os seus artigos. Atoparedes todo tipo de información sobre traballos escolares e contidos que amplían información sobre o traballado na aula.

Conto Contigo

 

Trátase dun proxecto piloto para o curso 2012-2013 proposto polo seminario “As compentencias básicas como eixo vertebrador do proceso comunicativo”.
Os alumnos de educación secundaria, preferentemente de 2º ESO de forma voluntaria farán unha lectura dramatizada de contos aos alumnos de infantil e primaria.
Durante 15-20 minutos lerán contos en galego e castelán. A actividade levarase a cabo os mércores, xoves ou venres de 16:00 a 16-30 horas, durante o recreo de mediodía dos alumnos de secundaria e coincidindo coa hora de ler dos de infantil e primaria unha vez ao mes, coincidindo con algunha celebración escolar.
O calendario é o seguinte: 
Xoves 14 febreiro San Valentín    Conto contigo para o amor Literatura de temática amorosa
(cartas, poemas, contos...)
Venres 8 de marzo Día da muller Conto contigo para a igualdade Contos para a igualdade
Mércores 24 de abril Semana do día do libro Conto contigo para ler Clásicos universais
Xoves 16 de maio Día das letras galegas     O galego conta contigo    Clásicos galegos
5 de xuño Día do medio ambiente O planeta conta contigo Contos de temática ambiental

Exposición de bonecos de neve

Exposición de bonecos de neve! Temos un alumnado artista e unhas familias ben colaboradoras. Grazas ao seu traballo o centro lucirá máis bonito durante os vindeiros días cunha exposición de bonecos de neve artesanais. Nevar non neva, pero imaxinación sóbranos.


Felices Festas e Feliz Ano

Felices Festas e Feliz Ano a toda a comunidade do CPI Virxe da Saleta: Alumnado, familias, profesorado, persoa laboral do centro e a todos os veciños e veciñas dos concellos de Cea e Piñor. Este foi un ano cargado de traballo e aprendizaxes e agardamos que o que ven veña mellor aínda. As clases reanúdanse o 8 de xaneiro, pero a nosa web non descansa, e durante as vacacións iredes vendo como suben os videos de cada actuación do festival de nadal. Un ano máis, fixestes un grande traballo coas vosas actuacións. Parabéns a todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut