Skip to Content

contador gratis para blog

Deportes, Música, Radio patio, Taboleiro

XOGADE: CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO (MASIDE)

Un ano mais voltamos a Puzo do Lago (Maside) para competir na carreira de campo a través. Nesta ocasión obtivemos moitas medallas!! Estamos moi contentos!!

Velaquí a galería de imaxes https://photos.app.goo.gl/BG6bwav3JTsg7wws1

Preme na foto se queres velas directamente

AGRADECEMENTO AO COLE "LOPE DE VEGA" (Talavera de la Reina)

Os nenos e nenas do Cole de Cea queremos agradecer ao alumnado do CEIP Lope de Vega (Talavera de la Reina) as mostras de agarimo, en forma de debuxos, cartas, murais, sementes... con motivo da catástrofe medioambiental provocada polos lumes acontecidos na fin de semana do 14 e o 15 de outubro.

Velaquí unhas fotografías do que nos enviaron

Xornal "O PAPAGAIO"

O Cole de Cea xa está subscrito ao novo xornal "O Papagaio"!!

Trátase dun xornal en papel, integramente en galego,dirixido especialmente aos nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Ten  periodicidade mensual.

 

Os seus responsables destacan que a sección de ciencia e tecnoloxía estará asesorada por científicos/as e será presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe. Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán poñer en práctica.

 

Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia; este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza terá un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que relacionará as distintas especies animais autóctonas coa literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.

 

Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada, protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social.

MENÚ DO MES DE NOVEMBRO

 

MARCHA SOLIDARIA CONTRA O LUME

Hoxe, 25 de outubro, ás 15:30 horas a comunidade educativa do Cole de Cea faremos unha marcha solidaria dende o Cole a Cea (Campo da Saleta), en protesta a queima dos montes e os lumes sufridos nos concellos de San Cristovo e Piñor.

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE CELABRAMOS NO COLE O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"!

Contamos cun convidado moi especial, Nilson Leite, que nos vai a contar uns contiños relacionados coa natureza.

AVISO SOBRE OS ALIMENTOS DO COMEDOR ESCOLAR

 

Infórmase de que o Comedor Escolar co CPI Virxe da Saleta, comedor de xestión directa, non pode servir nin almacenar alimentos que non sexan adquiridos baixo a supervisión do encargado de comedor e o persoal de cociña, según o Decreto 132/2013 do 1 de agosto, polo que se regulan os Comedores Escolares dos Centros Públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en Educación (DOG 13/08/2013), concretamente nos artigos 1.2 e 17.2.

 

Polo tanto se comunica aos pais/nais/titores legais que non poderán traer alimentos ao Comedor para que sexan servidos aos seus fillos co xantar.

 

No caso dos almorzos, que non son xestionados polo Comedor Escolar senon pola ANPA, os alumnos poden traer cada día o seu propio almorzo e utilizar tanto o menaxe como o microondas, pero non poderán deixar alimentos no Comedor dun día para outro. 

 

Lémbrase que, tal e como está recollido na normativa do Comedor Escolar e nas NOF do centro, os alumnos que presenten alguna alerxia ou intolerancia a algún alimento, deberán presentar un certificado médico facendo constar aqueles alimentos aos que o alumno/a presenta intolerancia. Nese caso se modificará o menú para ese alumno, sustituíndo os alimentos non tolerados por outros, sempre baixo a supervisión do encargado de comedor.

 

MENÚ DE SETEMBRO

 

MENÚ DE COMEDOR DO MES DE OUTUBRO

Benvidos de novo o cole!!

Este mes o menú é o seguinte:

 

 

MENÚ DO MES DE XUÑO

 
Distribuir contido


by Dr. Radut