Skip to Content

contador gratis para blog

O MAGOSTO

Como non podía ser menos fixemos unha gran festa para celebrar o día do Magosto, xogos, música e ...moitas castañas asadas!!!

 

O TREN DO OUTONO

 O tren acaba de chegar ao noso centro, no Edificio de E. Infantil estano a cargar de froitos de Outono, que todo poderedes degustar: noces, castañas, uvas e mazás...

...listos para arrancar!! 

 

 

PARA TER MOITA ENERXÍA, FROITA FRESCA CADA DÍA

No CPI Virxe da Saleta queremos apostar unha vez mais pola comida sana e saudable. Así comezamos a desenrolar o Proxecto Alimenta-T Ben, que se engloba dentro do Plan Proxecta 2013/2014.

Para animar ao noso alumnado a que tome froita fixemos entre todos este cartaz que preside a entrada do Edificio de E. Infantil.

O noso lema: "PARA TER MOITA ENERXÍA, FROITA FRESCA CADA DÍA".

 

MANDILÓN DE ENCARGADO

Empezamos curso e...estreamos mandilón!!

O mandilón de encargado foi un éxito, os alumnos están impacientes porque chegue o seu día para poder lucilo.

O Violoncello

Comezamos a semana cun violoncello na aula. Belén López Bouzo visitou o noso centro para ensinarnos as características deste instrumento de corda fretada. A caixa de resonancia, as cordas, o arco, a pica e sobre todo a técnica para tocar. Estivemos ben atentos á súa explicación. Tamén puidemos practicar algúns de nós a tocalo. Foi ben interesante, pero sen dúbida o que máis nos gusta é ver a un profe intentalo. Aí é cando abrimos ben os ollos. Ademais de todo isto puidemos escoitar un anaquiño do Preludio da Suite para Cello nº 1 de Bach e outro do Himno da Alegría da 9ª de Beethoven.

 

Comprar, tirar, comprar. Unha reflexión dende as aulas

Chega o tempo do nadal. O momento de xuntarse coa familia, cos amigos. Pero tamén o momento do ano no que máis compras realizamos. Dende a aula de segundo da ESO achégannos unha reflexión crítica sobre esta cuestión que seguro que nos axudará a comprender mellor o noso papel como consumidores na sociedade. “Estamos hipnotizados polas grandes empresas que sacan produtos novos continuamente” Hugo Luna “Mellor arranxar que comprar” Miguel Ángel Lozano “As empresas buscan que gastemos” Hugo Listón “A obsolescencia programada obríganos a comprar produtos peores” Álex Garriga “Cando acabamos de comprar algo, xa non vale” Laura Fernández “ A xente gasta sen saber por que en obxectos cunha corta vida” Nieves Calviño “A nosa tecnoloxía e os nosos avances vanse ir a piques debido á obsolescencia programada” Andrea Álvarez “Obsolescencia programada: beneficio para as multinacionais e prexuízos para os consumidores. Mercamos peor calidade con menos duración" Paula Vázquez “Compramos una cosa tras otra y, en muchos casos, sin necesidad” Mario Rodríguez “As empresas aprovéitanse das nosas debilidades e necesidades” Álex Pico “Los productos nos tienta a comprar y cuando no sirve, las tiramos y compramos unos nuevos” Patricia Payo “As empresas só se centran nos beneficios e esquécense da ecoloxía” Santiago Otero “Con tanto consumo imos acabar cos recursos do planeta” Fernando Otero “Os produtos créanse para que fallen; nós compramos, tiramos e volvemos a comprar; e os recursos naturais vanse esgotando” Carlota Álvarez “As empresas empeoraron os obxectos que ao principio eran moi duradeiros” Moisés Caride “É posible un crecemento infinito nun planeta finito?” Maite

http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-documental/documental-comprar-tira...

Kiko da Silva

Un dos mellores debuxantes e ilustradores que hai. Un xenio co rotulador e tamén un mestre á hora de divertirnos. Seguro que coñecedes a algún dos personaxes, como Fiz, ou algún dos seus proxectos, como a revista Retranca ou a revista Oink. Pero o que igual non sabedes é que ademais de autor de comic é profesor e empresario. Hai dous anos abriu en Pontevedra a existosa escola profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O venres 29 de novembro visitou o noso centro en sesión dobre, primeiro unha clase para o alumnado de primaria e despois unha sesión de formación co profesorado. Ademais de aprender moito deixounos un regalo en forma de debuxo. A partir de agora xa nos resultarán familiares palabras como: cliché, síntese, repetición, grafismo, viñeta... Ou nomes tan importantes na historia do audivisual como o de Winsor McCay, o creador dos debuxos animados en... 1911!!!

 

 

 

Panxoliñas que viaxan no tempo

É un auténtico privilexio e unha honra que nos visiten as Avoas da Residencia A Saleta de Cea. Elas son as auténticas portadoras do noso patrimonio inmaterial. Xoias que viaxan no tempo grazas a súa memoria. Estamos falando de cantigas, estrofas, refráns, ditos, lendas, pequenas e grandes historias do nadal. Anécdotas tan bonitas como a de aquela nena que lle pediu un año aos Reis Magos e para a súa sorpresa, trouxéronllo. Ou aquela outra que foi quen de escribirlle unha carta a Franco pedíndolle unha bicicleta. Aquí tedes un anaquiño da súa visita. A escola está viva cando abre as súas portas á comunidade, e os nenos reciben un grande regalo interxeracional coa súa visita.

Plan Proxecta: Nós comemos froita, e tí?

Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.

Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.

Graffiti na escola

A arte do graffiti é unha forma de manifestación artística en espazos públicos. Ligado especialmente ao movemento Hip Hop aparece como tal en Nova Iorque na década de 1970. A polémica rodeu este movemento artístico dende os seus comezos sendo comprendido como expresión plástica pero tamén como ferramenta para o vandalismo. Coa súa presenza na actividade complementaria que desenvolve o centro queremos facer reflexionar ao alumnado sobre esta cuestión. Agradecemento a Dash e Abrah, así como a Miguel Doval polas fotos e a xestión.

Distribuir contido


by Dr. Radut