Skip to Content

contador gratis para blog

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2019/2020

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

Publicada a LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

 

 

Concurso de cartaces do Concello de Cea

O cartaz elaborado con motivo do 8M por Samuel Rodríguez, de 1º ESO, foi seleccionado para difundir o acto conmemorativo do Día Internacional da Muller do concello de Cea.

Podes ver o resto das propostas do alumnado de 1º e 2º da ESO no seguinte enlace:

Cartaces día da Muller

Queremos ser o teu cole

Queremos ser o teu cole!
Porque temos o convencemento de que a oferta educativa do Cole de Cea é o mellor para a túa filla ou fillo.
Aquí tes toda a información para o matricular no noso centro.

CALENDARIO

Reserva de praza para un centro adscrito 1 ao 15 de febreiro.

Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.

Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo (previsión transporte escolar).

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo do 22 de marzo ao 5 de abril.

Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.

Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño

Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

O alumnado que xa está matriculado neste Centro ten, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2019/2020.

Os anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solictude de admisión) poderánse presentar a través da aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitude de admisión.

O prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

DOCUMENTACIÓN (só para alumnado de nova incorporación)

Impreso de Matrícula (proporcionado polo centro)

Impreso para a Certificación Médica (proporcionado polo centro)

Fotocopia do Libro de Familia (follas onde están os país e o alumno/a)

Fotocopia do DNI do alumno (se o ten)

Fotocopia do DNI dos país

Fotocopia da Tarxeta Sanitaria ou Cartilla do Seguro

Certificado de empadroamento (pedilo no Concello)

6 fotografías tamaño carné (recentes)

Se procede doutro centro: Certificado de estudos que está a realizar

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. CALENDARIO ELECTORAL.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 2018-19

Concurso do Samaín

 

Bases para os concursos de Samaín:

 

  1. Concurso de epitafios (E.S.O e 5º-6º E.P.).

    1. Pode participar todo o alumnado de E.S.O. e tamén o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

    2. O prazo de participación está aberto até o 30 de novembro.

    3. A participación no concurso será INDIVIDUAL ou EN GRUPO (máximo 3 compoñentes).

    4. Os epitafios poden ser reais ou inventados. Valorarase especialmente a súa orixinalidade e/ou carácter singular, sempre mantendo o respecto e as boas formas.

    5. Os traballos irán acompañados dunha folla de texto onde aparezan os datos dos autores e o título da obra.

    6. Os traballos serán entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.

    7. Os traballos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.

    8. Os traballos que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.

 

  1. Concurso de Banda Deseñada (Ed. Primaria).

    1. Pode participar todo o alumnado de Primaria.

    2. O prazo de participación está aberto até o 30 de novembro.

    3. A participación no concurso será INDIVIDUAL ou EN GRUPO (máximo 3 compoñentes).

    4. A Banda Deseñada debe ter un tema relacionado co SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.

    5. O formato da banda deseñada será o seguinte:

      1. EXTENSIÓN: de 1 a 4 páxinas, tamaño A4 ou proporcional.

      2. TÉCNICA: libre, sobre papel de debuxo (non folios), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión.

    6. Os traballos irán acompañados dunha folla de texto onde aparezan os datos dos autores e o título da obra.

    7. Os traballos serán entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.

    8. Os traballos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.

    9. Non se admitirán obras que non sexan orixinais.

    10. As BDs que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.

 

  1. Concurso de contos (E.S.O. e PRIMARIA)

    1. Pode participar todo o alumnado de Primaria e E.S.O.

    2. O prazo de participación está aberto até o 30 de novembro.

    3. A participación no concurso será INDIVIDUAL, EN GRUPO (máximo 3 compoñentes) ou COLECTIVA (unha obra por aula).

    4. Os traballos deberán ter un tema relacionado co SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.

    5. Os traballos irán acompañados dunha folla de texto onde aparezan os datos dos autores e o título da obra.

    6. Os traballos serán entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.

    7. Os traballos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.

    8. Non se admitirán obras que non sexan orixinais.

    9. As obras que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.

 

  1. Concurso de Lendas e contos populares recollidos (E.S.O e 5º-6º E.P.).

    1. Pódese participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 3 persoas.

    2. O prazo de participación está aberto até o 30 de novembro.

    3. As obras terán que ser recollidas a persoas da comarca. Pódense recoller en papel ou en formato dixital.

    4. As obras recollidas en papel serán entregadas aos membros do E.D.L., ou ao titor/a.

    5. En caso de ser gravacións, os arquivos serán enviados ao correo electrónico do Cole de Cea: ticscea@gmail.com ou entregados en pendrive ao titor/a ou membros do E.D.L.

    6. As obras irán acompañadas dun texto cos datos dos/as alumnos/as que a recolleron, título da obra, nome da persoa da que se recolleu e localidade onde foi recollida.

    7. A temática estará relacionada coa idea do SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.

    8. As obras serán valoradas por un xurado que decidirá os gañadores.

    9. Non se admitirán obras que non sexan de orixe popular e/ou tradicional.

    10. Os traballos que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.

 

  1. Concurso de curtas (E.S.O).

    1. Pódese participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 3 persoas.

    2. O prazo de participación está aberto até o 30 de novembro.

    3. Os vídeos serán enviados a ticscea@gmail.com ou entregados aos membros do E.D.L., ou ao titor/a en formatos de vídeo que podan ser reproducidos en diferentes sistemas. E irán acompañados dun documento de texto cos datos dos autores e o título da obra.

    4. Características xerais das curtas:

      1. A curta non poderá superar os 3 minutos de duración.

      2. A temática dos vídeos será libre introducindo a idea do SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.

      3. Realización exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil podendo logo, editarse con ferramentas externas.

      4. As curtas deben ser orixinais (non comercializadas ou premiadas con anterioridade), incluídos os títulos de crédito se os houbese, e gravados na máxima resolución e calidade posibles.

      5. Tanto para o audio como para a escrita débese empregar o idioma galego.

    5. Os vídeos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.

    6. Os vídeos que cumpran os requisitos de participación proxectaranse no lugar e data por determinar.

 

Concurso: O Noso Outono

Concurso O Noso Outono
 
O Equipo de Actividades Extraescolares e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro animan ás familias a participar no concurso artístico #ONosoOutono. A Actividade consiste na elaboración dunha obra artística para celebrar a chegada do outono e o Samaín.
 
Existen dúas modalidades para participar. Pódese presentar unha peza en cada unha delas.
 
#Collage: Realizarase sobre unha cartolina de tamaño máximo A3. O material debe estar ben pegado para poder expoñela en vertical.
 
#Escultura: Pódense empregar arames como base ou pegar os materiais entre si.
 
Os materiais empregados deben ser típicos do outono: follas, castañas, cascas de noz, landras, cabazas, carrabouxos, ourizos...
 
A data límite para entregar os traballos é o 5 de novembro.
 
#concurso#outono#arteescolar

Listaxe definitiva Fondo Libros ESO

Xa está publicada a listaxe definitiva de Fondo Libros para Educación Secundaria.

Podedes descargala na seguinte ligazón

Fondo Libros ESO

 

 

LISTADO DEFINITIVO FONDO LIBROS PRIMARIA CURSO 2018-19

Podedes consultar o listado definitivo de Fondo Libros de Primaria para o curso 2018/2019.

Tamén o podedes descargar na seguinte ligazón.

FONDO LIBROS PRIMARIA

Os listados definitivos para Secundaria publicaranse o 14 de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut