Skip to Content

contador gratis para blog

O maio do Cole de Cea

Aquí está o maio colaborativo do Cole de Cea. Escrito e cantado por todo o alumnado do noso centro. Para celebrar Os Maios, a nosa festa tradicional. Viva o maio do Cole de Cea!!

6º Aquí chega o maio do Cole de Cea pra alegrar o día e a primavera. E a primavera cheíña de cores cantan os paxaros e medran as flores. E medran as flores cun día soleado estamos felices e todos cantamos. 1º E todos cantamos con moita alegría facemos colares coas margaridas Coas margaridas e as bolboretiñas xogamos no patio a dar as voltiñas 5º A dar as voltiñas que estamos afeitos que con tantas obras quedamos desfeitos. Quedamos desfeitos aquí os de quinto somos trapalleiros a ti non che minto. A ti non che minto, mais tamén che digo que o noso colexio quedou colorido. 2º Quedou colorido xa non hai obreiros chegan en setembro marchan en xaneiro. Marchan en xaneiro e pasamos frío xanelas abertas demo do bichiño. 4º Demo do bichiño que nos foi traer nada de xuntanzas moito que facer. Moito que facer moitos contaxiados e na nosa escola poucos confinados. 3º Poucos confinados con moita enerxía e todos contentos e así cada día. E así cada día pasiño a pasiño chegamos á escola con moito agarimo. 1º ESO Con moito agarimo. aprende, internet, que o teu oficio é funcionar ben. É funcionar ben cousa que non fas, os malditos cables hai que ordenar. 2ºESO Hai que ordenar a quen nos goberna, demasiados berros imos pr'as cavernas. Imos pr'as cavernas e con tanto encerro, xa estamos fartas isto é un inferno. 3º ESO Isto é un inferno queremos apertas, dos nosos amigos estar xa máis cerca. Estar xa máis cerca xa cantaba Curros, queremos un maio cheo de futuro. 4º ESO Cheo de futuro con grande ilusión, a xente de cuarto despídese de vós. Despídese de vós tras moitos aniños, marchamos cantando ata logo amigos. INFANTIL Ata logo amigos ata o ano que ven, que viva o maio e nos vaia ben. E nos vaia ben viva a primavera remata o maio do Cole de Cea.



blog | by Dr. Radut