APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.
A solicitude faise toda no mesmo Anexo: Fondo de libros, adquisición de libros e material escolar. Entregarase unha solicitude por familia.
PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ou accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/).
Se non se pode facer de forma telemática, as familias poderán presentala no centro. O prazo de presentación de solicitudes sera: ata o 22 de xuño de 2021.
Dada a actual situación, poderá entregar a solicitude o propio alumnado, acompañada da documentación correspondente. Se o consideran necesario, as familias poderán acudir ao centro en horario de 9:30 a 13:30. (preferentemente luns e martes por dispoñibilidade do auxiliar administrativo).
Para evitar esperas e favorecer o distanciamento social, establécense as seguintes quendas para as familias:
- Semana do 31 de maio ao 4 de xuño - Alumnado que cursará 1º,2º ou 3º de primaria no curso 21/22
- Semana do 7 ao 11 de xuño - Alumnado que cursará 4º,5º ou 6º de primaria no curso 21/22
- Semana do 14 ao 18 de xuño - Alumnado que cursará 1º,2º,3º ou 4º de ESO no curso 21/22
FORMULARIO E DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR
Nos vindeiros días achegarase ás familias o formulario, a través dos seus fillos (un por familia). Tamén se pode descargar o formulario normalizado accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/).
O formulario deberá achegarse debidamente cuberto e asinado. IMPORTANTE: O Anexos I e II deberán entregarse no centro perfectamente cubertos en TÓDOLOS seus apartados, asinando na folla 5 e 6 os membros da unidade familiar que corresponda e dando o consentimento expreso para consulta da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Ademáis dos impresos cubertos, débese entregar a seguinte documentación:
a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2019, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
- Certificado de defunción
b) E de ser o caso:
- Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.
Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia ou resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.