APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
EMOCEANTE foi un proxecto desenvolvido no Cole de Cea que recompilou materiais de nivel iniciación, relacionados coa intelixencia emocional e co mindfulness, para aplicar nas aulas nas distintas etapas educativas do centro (INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA).
Como resultado deste traballo, realizáronse diversas actividades ao longo do curso académico (das que se elaboraron fichas didácticas) e a organización dunhas Xornadas das Emocións no colexio, con obradoiros para toda a comunidade educativa.