APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
Fomos visitar en Arteixo A Voz de Galicia. No taller vimos a rotativa, que era a máquina que facía os periódicos e levaba moito papel. Usan catro tintas: amarela, vermella, azul e negra. Despois ían cunhas pinzas polo aire. Tamén vimos unhas bobinas xigantes de papel reciclado. Despois fomos visitar a redacción. Alí escribían as noticias e traballaban ata as doce da noite os xornalistas. Está todo moi en silencio. Vimos tamén un plató de televisión onde había moitas cámaras e luces. Vimos o museo, as fotos, xornais e máquinas antigas... Fixémonos unhas fotos diante do letreiro do avó que fundou o periódico. Cando saímos fomos comer a un parque e alí había moitos xogos. Comemos bocadillos de chourizo, de salchichón e de queixo. De postre galletas e pera. Estaba un día moi bonito e ía moita calor así que puxemos gorras na cabeza. Ao rematar o xantar visitamos o aeroporto de Alvedro. Había dous avións, unha avioneta e un helicóptero. Un dos avións estaba queimado e chamounos moito a atención. Outro avión, antes de despegar, foi dar a volta, empezou a correr moito e logo saiu voando. Saudamos ao piloto. No porto había un barquiño de paseo. Veu a policía e díxonos que foramos rápido ao autobús que se non multábao. Vimos un trasatlántico botando fume pola cheminea e cando marchou nós tamén marchamos así que cando iamos no autobús voltamos velo. Tamén vimos a torre de control. E vimos que estaban arranxando un barco veleiro, coa coroa do Rei Felipe, para botalo á auga. Tamén moitos veleiros. Todos os barcos levaban a bandeira coa coroa. Cando marchamos do porto fomos merendar ao carón da Torre de Hércules. Había unha estatua dun señor que morreu hai moitos anos que se chamaba Hércules. E xogamos a botarnos correndo polo monte abaixo. Á volta algúns viñemos durmindo no autobús. Tamén recordamos as paradas do camiño para facer pisn e cando usamos o baño do autobús. Pasámolo xenial!!!!
Relato colectivo escrito polo alumnado de infantil.