Skip to Content

contador gratis para blog

Visita musical a Santiago

O día 27 de marzo o club de melómanos fumos a Santiago asistir a un concerto de música clásica. Visitamos a cidade durante a tarde e á noite puidemos escoitar obras de Debussy, Beethoven e Stravinsky interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio de Galicia. Incluso tivemos a sorte de falar con varios dos seus músicos antes do concerto, aos que estamos moi agradecidos. Estas son as impresións dos membros do club:

Carlota: “Nunca pensei que ía saír coa boca aberta dun concerto de música clásica”

Patricia: “Na última obra tiña o corazón acelerado porque subían e baixaban o volume. Foi unha sensación incríble.”

Guillermo: “Foi unha experiencia bonita que mereceu a pena. Aínda que estiveramos con fame e sono. Estos fóronse desvaecendo durante o transcurso do concerto.”

Natalia: “Foi unha experiencia inolvidable que me gustaría repetir.”

Lorena: “Os ollos coma platos e a mirada fixa no director. Este transmitíame un sentimento, unha forza, unha paixón, un carácter, un entusiasmo...”

Pamela: “ A verdade é que me quedei impactada co son dos instrumentos, sobre todo, a maneira de tocar do pianista.”

Yanela: “O volume da voz da última obra asustoume, pero á vez estaba impresionada.”

Laura: “Foi impresionante, foi un orgullo observar o ben que tocan 80 músicos e a súa espectacular coordinación."

Irene: “Estabamos na segunda fila, polo tanto percibimos moi ben o son dos instrumentos, e as caras de emoción e cansancio á vez que tiñan os músicos.”

Andrea: “O máis impresionante para min, foi a capacidade que tiñan os músicos para coordinarse e non perderse durante unha obra tan longa.”

Vicky: "Era tal a sensación que sentía que ata houbo ocasións nas que nos meus ollos asomaba algunha que outra bágoa"

 Galería de imaxes da visita a Santiago.



blog | by Dr. Radut