ADMISIÓN CURSO 2021/22

 
Concedida a 3ª liña de Educación Infantil.

Todas as solicitudes de admisión para Educación infantil presentadas, foron ADMITIDAS.

Prazo de matrícula para o alumnado novo (aquel que presentou solicitude de admisión):  Do 21 ao 30 de xuño.

CAMPAÑA DE CONSUMO DE FROITA FRESCA

O noso CPI é un dos centros adheridos á campaña de consumo de froita fresca financiada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e coa axuda económica da Unión Europea.

Por mor da situación sanitaria, a diferenza doutros anos nos que se repartía no recreo da mañá, e para evitar na medida do posible a manipulación, a froita darase como sobremesa no xantar.

Data do reparto: Semanas do 19 ao 30 de abril do 2021

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS. CURSO 2021/22

 

Publicada a listaxe provisional de admitidos.

Está visible no taboleiro de anuncios do edificio de secundaria.

Para a consulta da puntuación obtida, preguntar en secretaría.

Prazo de reclamación da puntuación obtida: Do luns 19 ao venres 23 de abril, ambolos dous incluídos.

CRIBADO COVID-19 AO ESTUDIANTADO DE SECUNDARIA COA COLABORACIÓN DAS FARMACIAS

A Consellería de educación vén de comunicar que o vindeiro luns 19 de abril comezará un programa para a detección de SARS-COV-2 con mostra de saliva en poboación asíntomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia.

Acudindo á súa farmacia de referencia informaranlles sobre o procedemento de toma de mostra e proporcionaranlle o tubo de recollida.

ENQUISA DE DIAGNOSE DE CONVIVENCIA 2021

ELECCIONES AL CONSEJOR ESCOLAR – Colegio María Inmaculada

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar.

No senso de seguir traballando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permite analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental.

No día de hoxe todo o alumnado levou a casa un escrito no que se facilita unha clave para poder realizar a enquisa.

Clicando na seguinte ligazón e introducindo a clave que vos chegou polos rapaces poderedes contestala. https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2021/22

ESTADO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2021/22

  • ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas

  • ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas polo que se fai necesario lanzar o proceso de baremación.

- Prazo de presentación de documentación para xustificar os criterios alegados do 25 de marzo ao 9 de abril.

Para máis información:  881866778

PREMIADOS NA 21ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO DA CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA

Dúas alumnas do noso centro resultaron premiadas na 21ª edición do concurso de debuxo infantil da camelia que organiza o Concello de Vedra.

Parabéns rapazas!!!

1º PREMIO CATEGORÍA A :

LOLA PUENTE IGLESIAS - 4 ANOS

3º PREMIO CATEGORÍA A:

SARA ROSENDE BORRAGUEROS - 3 ANOS

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Ábrese o prazo para a admisión do alumnado de novo ingreso ou aquel que se cambie de centro para o curso 2021/22.

OFERTA DE PRAZAS

Documentación necesaria:  Anexo II cuberto (estará dispoñible proximamente nesta páxina web, na páxina admisión alumnado e na secretaría do centro) e documento acreditativo da idade do menor (libro de familia ou DNI).

Prazo: do 1 ao 22 de marzo

Lugar de presentación: Na secretaría do noso centro ou a través da aplicación admisionalumnado (necesario certificado dixital ou chave 365)

ÁREA DE INFLUENCIA DO NOSO CENTRO (se pertences a algunha destas parroquias, correspóndeche o noso centro).

Parroquia de Loureda

Parroquia de Vigo

Parroquia de Lamas

Parroquia de Gastrar

Parroquia de Boqueixón

Parroquia de A Granxa

Parroquia de Codeso

Parroquia de Donas

Parroquia de Ledesma

Na parroquia de Sergude as seguintes zonas: Lugar de Deseiro, área de influencia da antiga escola da Susana e Rodiño Grande.

PROCEDEMENTO A SEGUIR ANTE A APARICIÓN DE SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE COA COVID

                   

PROCEDEMENTO A SEGUIR SINTOMATOLOXÍA COVID

Ante a detección de síntomas compatibles coa COVID (polo menos un dos relacionados no (Anexo I) o alumnado non acudirá ao centro e a súa familia contactará co centro de saúde e comunicarao ao centro escolar.

  • Teléfono de Primaria: 881866784
  • Teléfono de Secundaria:881866781

Se algunha persoa do núcleo familiar é SOSPEITOSA DE PADECER a COVID (á espera da proba), o alumnado que conviva con elas NON PODERÁ ACUDIR AO CENTRO ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo.

A familia comunicará o resultado ao centro educativo.

Teléfono:881866778

Ante calquera dúbida póñanse en contacto co seu centro médico de referencia.

HORARIO DE REPARTO DE MÁSCARAS

As familias beneficiarias das máscaras (aquelas que recibiron o vale de material escolar) xa poden pasar pola secretaría do centro a recollelas e a asinar a entrega

HORARIO DE REPARTO:

-De luns a venres de 09:15 a 10:15 e de 13:00 a 13:45.

No caso de non poder acudir nestas franxas horarias, rogamos concerten unha cita no teleféfono 881866778

                       

INICIATIVA ARCO

Este ano o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO)

dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º ESO.

Esta acción vai encamiñada a mellorar o rendemento académico do alumnado.  A tal efecto foron nomeados dous profesores de reforzo (un para primaria e outro para secundaria) para dar apoio dentro da aula.

NOVAS CONDICIÓNS ECONÓMICAS PARA OS/AS COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR

Modifícanse as contías das compensacións económicas a percibir polos pais/nais/titores legais que realicen tarefas de atención e vixiancia dos menores usuarios do comedor escolar.

Lembramos que está aberto o prazo para solicitar colaborar no comedor escolar.  Aqueles nais/pais, que o desexen poden presentar a solicitude na secretaría do centro

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013