Información

DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

En  Educación Primaria destacamos o valor da paz fronte as guerras e as pelexas. Por iso, o alumnado colaborou creando un mural representativo dos valores que perseguimos neste 30 de xaneiro; todo acompañado dunha bibliografía especial que aXUDA aos nenos e nenas a comprender a problemática dA guerra e o valor da non violencia e paz.

3 DE NOVEMBRO, DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día do escritor Neira Vilas, que dá nome á nosa Biblioteca.

Para celebrar esta data tan importante destacamos e divulgamos  talento galego na literatura contemporánea.  

ENTREGA DE CARNÉS NA BIBLIOTECA

Tagged:  

Os alumnos e alumnas do 1º da ESO fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron os seus carnés e unha charla dada polas profesoras Lidia e Bea sobre como encontrar os libros e información sobre o material que temos dispoñible.

NOVO PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA (SECCIÓN SECUNDARIA)

Tagged:  

Comezamos un novo curso nesta realidade tan atípica na que estamos inmersos. 

Desde a biblioteca queremos adaptarnos e facer do noso espazo un lugar útil e seguro, polo que elaboramos estas novas normas de uso e de préstamo, que combinan o presencial co virtual para continuar o noso labor no Centro.
 
Lembrámosvos que a biblioteca estará aberta nos dous recreos, agás a Sala de lectura "Carlos Casares", que non se poderá empregar este ano e que todos os servizos seguen estando en funcionamento, incluído o préstamo para as familias.
 
Esperamos que este curso sexa proveitoso!!

 

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Tagged:  

COMO SE ORGANIZA A BIBLIOTECA?

Dispoñemos de varios espazos: a Biblioteca Xosé Neira Vilas, onde atoparemos a narrativa coas novidades (tanto xuvenís coma de adultos), os idiomas, os lectores electrónicos, o curruncho multimedia con sete ordenadores e os DVDs;  a Sala de lectura Carlos Casares, onde están os libros de consulta específicos doutros temas e onde se reúne o Club de lectura; e o curruncho da prensa, onde se poden ler os xornais do día.

No edificio de Primaria temos a sección da Biblioteca adicada aos máis pequenos, onde atopamos os libros organizados por temáticas e por grao de dificultade, levando diferentes cores segundo o tipo de lector ao que van dirixidos. Así, temos a cor vermella para os nen@s de 3 a 7 anos, a verde para o alumnado de 8 a 10 anos e a amarela para os Grandes Lectores, de 11 e 12 anos.

Por suposto tamén conta con dicionarios e enciclopedias e un curruncho multimedia con 6 ordenadores.

QUE TEMOS NA BIBLIOTECA?

Na nosa biblioteca dispoñemos de:

  • Enciclopedias
  • Dicionarios en diferentes idiomas
  • Libros de lectura: narrativa, poesía, teatro, cómic...
  • Libros de consulta sobre diversos temas
  • Xornais
  • Vídeos de divulgación
  • Películas
  • Ordenadores con acceso a Internet

Se queres facer algunha suxestión de calquera tipo (títulos de libros para mercar, vídeos, películas, xogos educativos, melloras na organización e no funcionamento da Biblioteca...) podes cubrir os apartados correspondentes do seguinte formulario.

QUE SE PODE FACER NA BIBLIOTECA?

  • Ler prensa, revistas, cómics ou libros
  • Buscar datos en Internet
  • Levar libros ou películas prestados á casa
  • Estudar
  • Realizar tarefas e traballos
  • Propoñer publicacións que me gustaría que se mercasen
  • Participar nas actividades organizadas: concursos, lecturas, exposicións...

COMO PODO BUSCAR UN LIBRO?

Para saber se dispoñemos dun libro determinado ou das obras dun autor/a, só tes que consultalo no programa OPAC dos ordenadores do curruncho multimedia ou na seguinte páxina web:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH023

Nesta páxina podedes descubrir:

  • Libros que temos dun autor/a
  • Se están emprestados ou dispoñibles
  • Sinatura do libro 
  • ...

Os libros están distribuídos nos estantes segundo materias. Enriba dos armarios hai carteis onde se indica a materia coa súa cor e número correspondentes.

Cada libro ten unha etiqueta na que se indica a CDU (clasificación decimal universal). Serve para clasificar os libros e ofrecernos os seus datos. Levan sempre:

  • Un número que indica a materia (ás veces completado con letras).
  • En maiúscula, as tres primeiras letras do apelido do autor/a.
  • En minúscula, as tres primeiras letras do título da obra.

82-NG

 FER

 tre


            82-NG→
Narrativa galega

             FER→ Fernández Paz, Agustín

              tre→ Trece anos de Branca

Os libros están ordenados nos armarios segundo as materias, seguindo a orde alfabética; primeiro o apelido do autor/a e despois o título da obra.

COMO FUNCIONAN OS PRÉSTAMOS?

Unha vez localizado o libro ou vídeo que vos interese (agás dicionarios e enciclopedias que só son de consulta), debedes acudir á mesa do profesor responsable e indicarlle que levades ese libro. Podedes dispoñer do libro ou película durante 15 días, e cun máximo de 3 libros ou películas á vez.

Se pasados os 15 días non o rematastes de ler, debedes volver á biblioteca e solicitar que volo renoven.

Para devolvelo unicamente deberedes entregalo á persoa responsable da biblioteca.

Lembrade que o servizo de préstamo se fará unicamente no recreo da mañá.

QUEN PODE SACAR LIBROS E/OU PELÍCULAS?

A Biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, polo que tanto alumnado (o actual e o que xa marchou do centro) coma profesorado, persoal laboral ou nais e pais poden acceder a este servizo. Unicamente deberán presentar na Biblioteca o seu carné de lector ou solicitar un de non posuílo. No caso de non poder vir durante o horario de préstamo (de 12:30 a 12:50h de luns a xoves e de 11:40 a 12h os venres), simplemente deben preguntar pola encargada da Biblioteca ou coa administración do centro.

Podedes seguir as novas da Biblioteca a través da sección Novidades desta web ou do noso blog:

http://bibliofortexnvilas.blogspot.com/

BIBLIOTECA ESCOLAR. SERVIZO DE PRÉSTAMO PARA AS FAMILIAS

Tagged:  
Resultado de imagen de BIBLIOTECA

Dende a nosa Bilblioteca, queremos informarlles de que recibirán proximamente un carné de lector para a familia, co cal poderán facer uso de todo o material de préstamo do que dispomos (libros, comics, dvd, cds de fotos de cursos pasados...)

Anímádevos a coñecer este servizo!!

Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013