Histórico de actividades

"HAI SAÍDA GRAZAS A TI" (3º E.S.O.)

13.12.2021
Europe/Madrid

  O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero.

 Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

SAMAGOSTO 2019 E HOMENAXE A NEIRA VILAS

Do 28 de outubro ao 8 de novembro  celebramos o Samaín e o Magosto, xunto coa homenaxe que lle fixemos ao escritor Xosé Neira Vilas, por ser nestas datas cando se cumpren anos do seu pasamento.

Foron moitas as actividades que se realizaron: exposicións, ilustración de contos, lectura e ambientación musical de relatos de terror, talleres, decoración dos distintos espazos do centro, lecturas dramatizadas e, como non, unha degustación de castañas!!!

O equipo de actividades extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado.

Ánimo e a seguir traballando!!!

ACTUACIÓNS PARA HOMENAXEAR ÁS MULLERES AO LONGO DO MES DE MARZO

1. EXPOSICIÓNS

Do 3 ao 13 de marzo

- BlasFemia:   fotografías que xiran en torno aos sete pecados capitais, de Sara Pardo Lareo, exalumna do noso centro. Se o desexan, poden pasar a visitala e horario lectivo.

Do 17 de marzo ao 14 de abril

"A muller na emigración"

"A muller no mundo dos homes"

2. Rotulación das escaleiras con nomes de mulleres relevantes e de mulleres anónimas.

3 Sensibilización na inclusión e na  igualdade con frases, poemas... distribuídos polas distintas dependencias do centro: corchadas, corredores, comedor...

            O EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

    

O alumnado de Educación Secundaria asistiu, dentro da programación da asignatura de Educación Física, a uns talleres sobre primeiros auxilios para o que contamos coa colaboración do persoal de emerxencias do 112 de Boqueixón.

Todo o material necesario para a realiación do taller foi prestado polo CAFI e polo Concello de Boqueixón (centro de formación do profesorado).

XVI CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

A Fundación Eugenio Granell vén de comunicar o alumnado premiado no XVI Certame de Arte Eugenio Granell, que ten como tema o Retrato-Autorretrato.

Na categoría especial para nenos de 3 a 5 anos reultou premiado o alumno do noso centro Yerai Castro Salgueiro de 6º de Infantil.

Do 19 de decembro ao 12 de xaneiro as obras gañadoras estarán expostas na sede da Fundación, situada na Praza do Toural (Santiago de Compostela).

Noraboa Yerai!!!

DÍA MUNDIAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

No día de onte o CPIP Antonio Orza Couto sumouse á concienciación entre o alumnado para seguir na loita contra esta lacra social que supón a violencia de xénero.

A nosa voz falará polas que xa non poden!!

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA

Resultado de imagen de MANOA VIOLETA VO¡VIOLENCIA MACHISTA

O CPIP Antonio Orza Couto quere mostrar a súa repulsa ao triplo asasinato cometido no Concello de Valga sumándose á concentración en contra da violencia machista convocada polo Concello de Boqueixón para o mércores 18 de setembro ás 12.00h diante da Casa do Concello.

Basta xa!!!

XV CONCURSO DE CONTOS ASPAMITE. PREMIADOS

Resultado de imagen de Aspamite

O xurado do XV concurso de contos Aspamite, acordou por unanimidade conceder:

O 2º premio de debuxo infantil á alumna do noso centro Valeria Ponte Regos (4º Educación Infantil).

Parabéns Valeria!!

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA E FINAL (3º, 6º DE PRIMARIA E 4º DE ESO)

Resultado de imagen de avaliación individualizada

Seguindo as Resolucións do 10, 11 e 12 de abril de 2018 da Dirección Xeral de Educación (DOG do 26 de abril de 2018)  en relación coas avaliacións individualizadas de 3º de primaria, final de 6º de primaria e final de 4º da ESO, comunicamos que as datas de realización das probas son:

  • 3º Educación Primaria: 23 e 24 de maio en horario de mañá.
  • 6º de Primaria e 4º de ESO: 29 e 30 de maio en horario de mañá.

As probas teñen caracter informativo e orientador para os alumnos e familias, equipos docentes, centros e Adminstración educativa, é dicir, que os resultados obtidos non computan en ningún caso para as cualificacións do alumno nin teñen efecto no expediente.

Para maior información, rogamos diríxanse ao centro.

CREANDO UN NOVO MONTE

O pasado día 21 de marzo, coincidindo co Día da Árbore, os alumnos de 4º da ESO visitamos a iniciativa do monte demostrativo na ladeira sur do Pico Sacro.

Dito monte ocupa 18 ha, e anteriormente era un eucaliptal e un conxunto de campos de cultivo de baixo rendemento pertencente a 11 propietarios. Hoxe estas 11 persoas en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia (ACEFGA), Forest Stewardship Council (FSC), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, diferentes unidades e laboratorios da Universidade de Santiago e un aporte económico do grupo INDITEX están a transformar este terreo degradado nun referente de explotación silvícola rendable, sostible e educativa.

Para acadar este obxectivo, o día 21, presentouse o proxecto a diferentes autoridades e nós acudimos co obxectivo de aprender e plantar varios carballos autóctonos, que se unirán ás cerdeiras, nogueiras e castiñeiros da plantación.

V CERTAME DE RELATOS XOSÉ NEIRA VILAS

Resultado de imagen de neira vilas

A Biblioteca Municipal de Boqueixón en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto convoca o V certame de Relatos "Xosé Neira Vilas".

Poderá participar o alumnado de 3º de primaria ata 4º da ESO.

O prazo límite para a presentación dos traballos é o 20 de abril.

ULTIMAS NOVAS: DITAME DO XURADO (ver documento adxunto)

O acto de entrega de premios terá lugar no Salón de actos do centro o 18 de maio ás 12:00.  Acto aberto ás familias

Noraboa às gañadoras!!!!

ENTROIDO 2018

Resultado de imagen de CARNAVAL DIBUJO

Xa chega o Entroido a Boqueixón!!!

Venres, 9 de febreiro, ás 11 horas no Salón

de Actos.

Este ano a temática vai de “personaxes de

contos”

Animádevos a participar!!!

VIVAN OS CONTOS!!

BO ENTROIDO!!!

PRIMEIROS AUXILIOS NA ESO.

O alumnado de Educación secundaria asisitiu a un taller de primeiros auxilios impartido en colaboración co Concello de Boqueixón, no que practicaron a RCP, a manobra de Heimlich e a utilización do DESA (desfibrilador semiautimático).

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013