O xoves 28 de abril celebramos o Musiqueando 2022- #nosimportalamusica xunto con moitos outros centros de toda España.
Nun pequeno concerto, o alumnado de 1º e 2º da ESO animouse a compartir con nós o que fan na clase de Música e a interpretar unha coreografía de "Terra" feita para a ocasión por Artur Puga, bailarín que acompañou ás Tanxugueiras no Benidorm Fest.
Para os que non tivestes a oportunidade de asistir, aquí vos deixamos este vídeo coas actuacións. Desfrutádeo!
Este xoves 28 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO participará na convocatoria Musiqueando 2022-#nosimportalamusica, de concertos escolares na rúa e que se celebrará simultáneamente en toda España.
O obxectivo desta convocatoria é sacar a música das aulas e facer un pequeno concerto, que nós celebraremos no patio do edificio de Secundaria de 11:45 a 12:50h.
Neste pequeno concerto poderedes escoitar algún dos temas que estivemos a traballar na materia de Música, así como unha coreografía da canción "Terra" de Tanxugueiras feita especialmente para esta actividade por Artur Puga, bailarín do grupo participante no Benidorm Fest.
Un ano máis o noso centro participou no Musiqueando organizado pola COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical) xunto con centros de toda España. Nesta ocasión o reto consistía en preparar unha coreografía de percusión corporal deseñada polo músico Santi Serratosa para a ocasión.
O día 5 de maio traballámola en directo a través de Youtube co propio Santi e logo o alumnado de 1ºB, 3º e 4º da ESO fixeron unha gravación da súa versión coa Muiñeira de Chantada.
Velaquí tedes o resultado, aínda que en breve poderemos engadir tamén a 1ºA. Disfrutádeo!
E aquí está a versión final con 1ºA tamén. Noraboa a tod@s!
Esperando que pasarades unhas boas festas e logo de revisar as papeletas que entregastes no concerto de alumn@s sentimos comunicarvos que non hai ningún gañador/a do concurso. Os Imagine Dragons foron imposibles de recoñecer!
Para que poidades comprobar as vosas respostas e practicar de cara a novas edicións, deixamos aquí a solución:
O próximo 27 de abril os alumn@s de Música de 4º de ESO van visitar ao alumnado do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Alí realizarán un concerto conxunto ao aire libre onde interpretarán pezas de música tradicional e do repertorio actual.
O concerto está englobado na actividade Musiqueando, que terá lugar esa mesma data en centros de toda España e na que participarán máis de 15 000 alumnos.
Se queredes ver os centros que participan, premede na seguinte ligazón.
Para axudarvos un pouco cos comentarios dos anuncios, aquí tedes un enlace a un blogue moi interesante. Tamén podedes ver o anuncio da campaña de Dove da beleza real e un documental sobre técnicas publicitarias. Disfrutádeos!
Déixovos un enlace ás actividades sobre o musical "Cantando bajo la lluvia" que vimos na clase, onde podedes ver os vídeos de tódolos exercicios que o precisan, así como fragmentos da película. Recórdovos tamén que o martes 20 os tedes que entregar. Ánimo!!!
Atopei unha páxina moi interesante por se estades interesados en aprender a tocar a guitarra. Ten a tablatura dun montón de cancións de tódolos estilos que podedes aprender facilmente. Déixovos o enlace e botádelle un ollo a ver que vos parece.
Podedes descargar as partituras da nova canción que imos tocar "Hijo de la luna" de Mecano. Van separadas por instrumentos, así que escollede o que vos corresponda e a empezar! Ah, deixo tamén a parte de piano por se alguén se anima...
E POR FIN O DEPARTAMENTO TEN NOVA UBICACIÓN. DÉIXOVOS UNHA LIGAZÓN AO NOVO BLOG. A PARTIR DE AGORA COLGAREI ALÍ TODA A INFORMACIÓN DO DÍA A DÍA DAS CLASES.