O próximo 27 de abril os alumn@s de Música de 4º de ESO van visitar ao alumnado do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Alí realizarán un concerto conxunto ao aire libre onde interpretarán pezas de música tradicional e do repertorio actual. O concerto está englobado na actividade Musiqueando, que terá lugar esa mesma data en centros de toda España e na que participarán máis de 15 000 alumnos. Se queredes ver os centros que participan, premede na seguinte ligazón. |
MUSIQUEANDO EN BETANZOS
Tagged: