Todo o centro

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tagged:  
08.03.2022
Europe/Madrid

     O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos.

     Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.

     "Feminista é toda persoa que recoñece a igualdade e a plena humanidade de mulleres e homes" (Gloria Steinem, xornalista e escritora estadounidense)

ENTROIDO 2022

Tagged:  
25.02.2022
Europe/Madrid

O venres 25 de febreiro festexamos o Entroido no noso CPI!!

En Infantil e Primaria os disfraces peregrinaron polo centro e a troula estivo asegurada.

En Secundaria recuperamos o tradicional Festival, que se celebrou nas dúas últimas sesións da mañá; foi unha boa ocasión para que o noso alumnado puidese mostrar a súa creatividade e as súas dotes artísticas. 

Velaquí tedes o vídeo para que gocedes duns momentos alegres e divertidos!

VÍDEO

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Tagged:  
28.01.2022
Europe/Madrid

   O venres 28 de xaneiro levamos a cabo diversas actividades para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz, entre as que destacamos as seguintes:

  • Murais en Primaria e Secundaria.
  • Cadea de favores.
  • Coreografía conxunta.

 Velaquí un pequeno vídeo que resume esta conmemoración.

     Por un Mundo máis xusto e harmonioso!

DÁMOSLLE A BENVIDA AO NADAL

Tagged:  
21.12.2021
Europe/Madrid

   O martes 21 de decembro o noso centro vístese de gala para despedir o primeiro trimestre deste ano académico e recibir o Nadal coa ledicia e ilusión que merece a ocasión.

   O noso alumnado participará en diversas actividades:

   - @s máis pequen@s recibirán unha visita moi especial dun dos personaxes emblemáticos destas festas e farán un ensaio da despedida do ano para ir quentando motores.

   - Os grupos de E.S.O. gozarán do xa tradicional "Concerto de alumn@s", organizado polo Departamento de Música.

SAÍDA DIDÁCTICA Á CONTORNA E OBRADOIRO SOBRE MINERAIS (2º e 4º E.S.O.)

Tagged:  
13.12.2021
Europe/Madrid

   O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro:

- Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro.

- Visita ás instalacións da canteira de Serrabal.

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Tagged:  
03.12.2021
Europe/Madrid

"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s"

   O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s.

   Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.

  

  

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  
25.11.2021
Europe/Madrid

   Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á loita contra a violencia de xénero e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!", tirado do conto creado por Yolanda Neira, Alén loita e acariña, lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro.

- O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos Arturo e Clementina.

- O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero.

- O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de xénero.

   Podedes ver un resumo do acontecido premendo no lazo violeta:

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Tagged:  
20.11.2021
Europe/Madrid

     O 20 de novembro é o día adicado á Infancia e aos Dereitos d@s Nen@s.

      Para conmemorar esta data e sensibilizar ao noso alumnado, leváronse a cabo diversas actividades en todas as etapas educativas, dende a exposición de murais, ata a realización dunha coreografía sobre a canción Teño dereitos, pasando por debates, presentacións e xogos de rol nos que @s nos@s rapaces e rapazas coñeceron os seus Dereitos e se solidarizaron con aqueles que non poden gozar dos mesmos.

- Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares-

SAMAGOSTO 2021

Tagged:  
02.11.2021 00:00
05.11.2021 15:30
Europe/Madrid

     Do 2 ao 5 de novembro  estivemos de celebración no noso CPI, xa que festexamos dous eventos típicos do outono, o Samaín e o Magosto, que fusionamos no noso particular Samagosto.

     Foron moitas as actividades que se levaron a cabo: exposicións de cabazas, lectura e ambientación musical de relatos de terror, decoración dos distintos espazos do centro,  xogos populares e, por suposto, unha degustación de castañas que tivo luga o xoves día 4 de novembro a partir das 12:00.

     O Equipo de Actividades Extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado implicado na organización do Samagosto.

     Velaquí tedes unha pequena mostra de imaxes:

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS (3ºESO)

Tagged:  
26.05.2021
Europe/Madrid

O alumnado de 3º de ESO vai participar nun taller sobre a prevención de condutas adictivas. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levarase a cabo nas sesións de Titoría que se indican a continuación.

Datas de celebración: 26 de maio e 2 e 9 de xuño.

Impartido telematicamente por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón).

CHARLA SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Tagged:  
19.05.2021
Europe/Madrid

    Durante o mes de maio a orientadora do noso CPI e a xefa de estudos de Secundaria impartirán varias charlas informativas sobre orientación académica nas datas e cos grupos que se indican a continuación:

Mércores, 19 maio: 3ºESO

Martes, 25 maio: 2ºESO

Luns, 31 maio: 6ºE.P.

     Nesas sesións porán á disposición do alumnado a información básica que deben coñecer con respecto ao cambio de curso ou de etapa educativa que están a piques de realizar e responderán ás dúbidas que poidan xurdir.

LETRAS GALEGAS 2021

Tagged:  

Un ano máis o noso centro vai celebrar con distintas actividades o día das Letras Galegas, limitadas este ano pola pandemia.

PRIMARIA:

-Homenaxe a Xela Arias nas titorías e a través de xogos, vídeos, etc.

-5º e 6º: Obradoiro en liña "Ulla naturalmente, espazo de patrulláns" a cargo da Asociación Raiceiros de Vedra.

SECUNDARIA:

Exposicións nos corredores:

-Mostra gañadora do concurso-exposición Letras Galegas 2021 do IES de Ames ABCEDEDÁRIOME.

-Portadas das obras de Xela comentadas.

-Documental na pantalla: "A palabra esgazada", composta por 6 capítulos que percorren distintos aspectos da vida e obra da autora.

-Interpretación por parte do alumnado de 1º de ESO do poema TROUXEN AUGA E MEL PARA AGASALLARTE, primeiro poema de denuncia do equilibrio. O equipo de dinamización da Biblioteca realizará unha montaxe do mesmo.

"O FORTE NEWS"

Dende Audición e Linguaxe queremos presentarvos un proxecto que estamos a realizar con moito esforzo e moitísima ilusión: O FORTE NEWS.

Neste xornal podedes encontrar artigos de sucesos, entrevistas, publicidade e moitas cousiñas máis!!

Esperamos que vos guste moito!

O FORTE NEWS: 1ª EDICIÓN

O FORTE NEWS: 2ª EDICIÓN

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tagged:  

ACTIVIDADES QUE IMOS REALIZAR PARA HOMENAXEAR ÁS MULLERES:

  • Exposicións:

      - "As mulleres tamén emigran"

      - "Amazing Women"

      - "As mulleres na historia"

  • Reflexións do alumnado sobre:  "O papel da muller e a equiparación co home na sociedade actual".
  • Proxección do Vídeo "A orixe do 8 de marzo. Día Internacional da muller" na pantalla da entrada e nas titorías, a partir do cal o alumnado realizará unha dedicatoria á figura dunha muller "especial" para eles: nai, avoa, veciña, amiga....
  • Proxección na pantalla da entrada do video da canción "ELLA" de Bebe.
  • Decoración dos banzos das escaleiras sobre Mulleres senlleiras

 Grazas pola colaboración do profesorado e do alumnado á hora de poder levar a cabo estas actividades.

O equipo de Actividades Extraescolares e complementarias.

TALLER TELEMÁTICO SOBRE A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO (4º ESO)

Tagged:  
01.03.2021
Europe/Madrid
O alumnado de 4º de ESO participou nun taller telemático sobre a prevención da violencia de xénero na adolescencia. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do noso centro e levouse a cabo nas sesións de Titoría que se indican a continuación.

Datas de celebración: 1, 8, e 15 de marzo de 2021.

Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón)

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013